O XXII Certame Literario Concello de Ames premia o talento dos autores en galego
A gala de entrega dos premios tivo lugar este sábado na Casa da Cultura do Milladoiro

Premiados no XXII Certame Literario Concello de Ames / Cedida
O Certame Literario Concello de Ames celebrou este sábado a entrega de premios da súa vixésimo segunda edición cunha gala literario-musical na Casa da Cultura do Milladoiro que reafirmou, un ano máis, a súa posición como un concurso de referencia para os creadores en lingua galega. Con 158 obras presentadas nesta edición, o evento contou coa presenza de 13 dos 18 autores premiados nas modalidades de narrativa e poesía.
O acto estivo conducido pola xornalista de Ames Radio Belén Martínez e acompañado musicalmente polo alumnado da Escola Municipal de Música de Ames.
Durante a entrega de premios, o alcalde e concelleiro de Normalización Lingüística, Blas García, subliñou a importancia deste certame como plataforma de visibilización do talento literario: "O certame literario de Ames é proba de que cando algo funciona é mellor non tocalo moito. Este certame literario leva descubrindo talento e premiando a xente xa consgrada dende fai 22 anos e oxalá poidamos seguir vendo a novos talentos dentro de outros 22".

Alumnado da Escola Municipal de Música de Ames durante a entrega de premios do Certame Literario / Cedida
Desde a súa primeira edición, o Certame Literario Concello de Ames leva recoñecias 396 obras dun total de máis de 3.000 presentadas. Este ano, as 158 obras recibidas proceden de distintos puntos de Galicia e mesmo doutros lugares do Estado.
18 premiados de 11 concellos
Nesta ocasión, os traballos gañadores proceden dun total de once concellos diferentes como son: Ames, Touro, Oroso, Porto do Son, Santiago, Vigo, A Coruña, Nigrán, Bueu, Allariz e Lugo. No concello amesán quedan cinco destes galardóns: o primeiro premio da primeira categoría na modalidade de narrativa, todos os premios da segunda categoría da modalidade de narrativa e o terceiro premio da segunda categoría na modalidade de poesía.
Na modalidade de narrativa as nove persoas premiadas foron: Iria Martínez Mosquera, Adriana González Leira e Ana López Canosa, na primeira categoría; Elvia Pérez Álvarez, Roi Álvarez Castro e Sarah Muñoz Costa, na segunda categoría; e Alberte Momán Noval, Clara do Roxo e Francisco Javier Fernández Davila, na terceira categoría.
Por outro lado, na modalidade de poesía, os galardoados foron: Arwen Fernández García, Maré Candales González e Luís Moreno Comesaña, na primeira categoría; María Rodríguez Maroño, Carme Pereira Troncoso e Roi Álvarez Castro, na segunda categoría; e Israel Martínez Veiga, Miriam Ferradáns Ferradás e Patricia Torrado Queiruga, na terceira categoría.
Todos estes textos premiados serán publicados nun libro colectivo que verá a luz no vindeiro mes de abril.
- La pastelería con los cruasanes más famosos de Santiago: 'Los estudiantes vienen a buscarlos a las 4 de la mañana
- Conxo finalmente tendrá fiesta el próximo fin de semana: 'Hemos pasado mucho trabajo como para tener que cancelarla
- Así es la tapa de oreja más popular de Santiago: 'Hacemos hasta 120 kilos a la semana
- El furancho que conquistó a la princesa Leonor a 50 minutos de Santiago: 'Tiene una de las mejores empanadas
- El Obradoiro conquista Coruña y parte del ascenso directo
- Casi 55.000 jóvenes y jubilados compostelanos viajan gratis en bus metropolitano: un 16% más
- Este pueblo a media hora de Santiago busca vecinos: con trabajo y alquileres desde 400 euros
- El Cristo de la Paciencia regresa a Conxo y pone el broche final a la Semana Santa compostelana