Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

PLAN DE EMERXENCIA

As sirenas dos encoros soarán en Mazaricos, Touro, Dumbría e Arzúa

Farano o martes e mércores para comprobar que funcionan os avisos á poboación

Presa da Fervenza, ubicada nos concellos de Mazaricos e Dumbría

Presa da Fervenza, ubicada nos concellos de Mazaricos e Dumbría / Cedida

Dumbría

A Xunta ten previsto realizar este martes e mércores, días 17 e 18 de xuño, unha activación de proba das sirenas de aviso á poboación adscritas a 41 presas con Plan de Emerxencia. Entre elas figuran as dos encoros de Portodemouros (Arzúa e Vila de Cruces), Brandariz (Touro e Vila de Cruces), Fervenza (Dumbría e Mazaricos), Santa Uxía (Carnota, Dumbría e Mazaricos) e Touro (Vila de Cruces, Touro e Silleda).

Encoro de Portodemouros, en Arzúa

Encoro de Portodemouros, en Arzúa / E. P.

Durante a proba sonora activaranse máis dun cento de sirenas situadas por todo o territorio coa colaboración das empresas titulares das infraestruturas, isto é, Alúmina, Emalcsa, Endesa, Iberdrola, PHG, Naturgy, Xeal, Adelanta e Augas de Galicia.

Central hidroeléctrica al pie del embalse de Santa Uxía y de la cascada del Xallas en Dumbría

Central hidroeléctrica do Ézaro ao pé da fervenza do Xallas / ENERGO PRO

Tamén participará persoal dependente da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, así como membros de Protección Civil dos concellos afectados, xunto con persoal da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil. A maiores, activaranse as catro sirenas adscritas ao plan de emerxencia exterior da balsa de lodos vermellos, situada en Xove.

Dende a Xunta din que estas probas non afectarán á actividade diaria da veciñanza. A poboación dos lugares nos que o aviso será audible será informada da proba e das medidas de autoprotección previstas en caso de emerxencia.

TEMAS

Tracking Pixel Contents