Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Melide prepárase para restaurar a igrexa de San Pedro

A Xunta licitou por máis de 600.000 as obras

Igrexa de San Pedro en Melide

Igrexa de San Pedro en Melide / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Melide

A Xunta de Galicia acaba de licitar por máis de 600.000 euros as obras de restauración da igrexa de San Pedro, en Melide, destinadas a liquidar diversas patoloxías que provocan deterioro neste ben, como é a entrada de auga polas fachadas, a cuberta e as fiestras, ou os problemas de estabilidade dos muros do templo.

A actuación centrarase en substituír o antigo sistema de atirantado de ferro do templo, deteriorado pola corrosión, por outro novo de aceiro inoxidable, ademais de cambiar o material da cuberta e arranxar os encontros cos elementos verticais.

A intervención, cunha duración prevista de cinco meses, contempla tamén a restauración e substitución dos elementos da carpintería exterior danados ou inexistentes, a rehabilitación das bóvedas e das revocaduras do interior.

Tracking Pixel Contents