O Bloque acusa o PSOE de pactar co PP e traizoar a veciñanza de Ames

Votación do pleno de organización do Concello de Ames o 28 de xuño de 2023. / Cedida
Redacción
Tras o acordo de colaboración alcanzado o mércores en Brión entre o PSOE e o PP, o BNG de Ames destacou que «esta receita leva dous anos cociñándose en Ames, e cheira a rancio».
«Fede a personalismo, a autoritarismo e a burla á veciñanza que votou en clave progresista para acadar un goberno de esquerdas e recibiu un pacto PSOE-PP», engaden ao respecto os nacionalistas.
Ademais, tras as verbas do alcalde amesán, Blas García, quen sinalou en declaracións a este diario que dende o BNG «deberían preguntarse cal é a razón pola que cada vez hai máis alcaldes progresistas que non queren formar gobernos de coalición con eles», os nacionalistas sinalan que a razón se debe a que «somos un grupo incómodo, porque esiximos medidas progresistas e sociais que ao PSOE lles molestan». «Entendemos que estean máis cómodos co PP, co que comparten intereses», engaden.
«O PSOE decide non pactar co BNG en diversos concellos como estratexia para intentar recuperarse a nivel nacional logo dunhas eleccións galegas cun resultado penoso, consecuencia da súa falta de alternativas para Galicia. Unha estratexia perigosa, xa que para tratar de afastarse e diferenciarse do BNG bótase en brazos dun PP que aplaude a súa incoherencia e incapacidade de análise político da realidade», engaden desde o BNG.
- Londres dice que el dron que alcanzó la base británica en Chipre no fue lanzado desde Irán
- La Fiscalía pide cuatro años de prisión para un acusado de falsificar documentos para apropiarse de herencias de emigrantes gallegos en Santiago
- El alcalde de Valga celebra la victoria judicial contra Audasa que permitirá cobrar el IBI de la autopista a otros concellos afectados
- Irán anuncia un ataque con drones contra el portaaeronaves 'Abraham Lincoln'
- Nueva agresión en la plaza del Toural de Santiago: un hombre rompe una botella en la cabeza a otro varón
- Elecciones USC: Flores cuestiona la entrada de Juanatey en el equipo de Crujeiras
- Cuando el periodista Fernando Ónega ganó dos premios Minerva en Santiago
- Tiendas y bares del aeropuerto de Santiago perderán más de 5 millones por el cierre por obras durante 35 días


