Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Reabre A Factoría de Ames mellor illada e con estudo de gravación

As instalacións funcionan como local de ensaio para os grupos musicais do concello

Instalacións da Factoría de Ames

Instalacións da Factoría de Ames / CEDIDA

Ames

As instalacións da Factoría, o local de ensaio a disposición dos grupos musicais do Concello de Ames, volven estar operativas.

Tras as obras ás que foi sometido o edificio, que presentaba deficiencias na cuberta e problemas de humidades e illamento, o inmoble reabre as súas portas co atractivo engadido de contar cun servizo adicional do que non dispoñía ata o de agora. Trátase dun pequeno estudo de gravación para que os grupos poidan mesturar, editar e producir audio por si mesmos.

«A mellora da cuberta e do illamento do local eran traballos moi necesarios», explica a concelleira de Mocidade, Carmen Porto, que avanza a intención do Concello de «ir ampliando os servizos que ofrece A Factoría e dispor un local máis acolledor».

Local de ensaio na Factoría

Local de ensaio na Factoría / CEDIDA

Instalacións de balde e de 10.00 a 22.00 horas

O prazo para que os músicos de Ames que xa empregan estas instalacións poidan renovar a súa solicitude de uso estará aberto do 1 ao 15 de xullo. Unha vez tramitada a renovación, poderán utilizar os locais de balde nas condicións que se establecen no regulamento.

En canto ás agrupacións que desexen facer uso deste servizo poden reservalo sempre que, polo menos, un dos seus integrantes estea empadroado en Ames e que o grupo estea dado de alta no censo municipal de artistas do Concello.

O horario de ensaio para todos os días da semana é de 10.00 a 22.00 horas, sempre e cando non interfira en actividades municipais. Os grupos dispoñen de ata tres horas consecutivas á semana para ensaiar

Tracking Pixel Contents