O Pico Sacro acolle a lendaria cerimonia celta do lume sagrado
Coas candeas acendidas no pebeteiro do druída empezarán a arder as cacharelas

O druída e raíña Alda, este domingo na cerimonia do lume sagrado. / Cedida
Redacción
O Pico Sacro foi este domingo escenario da lendaria cerimonia do lume sagrado. O tempo acompañou e o séquito da raíña Alda puxo en escena este ritual celta co que os nosos devanceiros celebraban a chegada do solsticio de verán.
Encabezados pola raíña Alda e polo seu druída, os integrantes da Asociación da Fervenza do Castro de Callobre (A Estrada) concentráronse na contorna do aparcamento do Pico Sacro e comezaron un desfile ata a capela de San Sebastián, acompañados polos músicos do grupo folclórico local Son de Gaita (Sergude).

Veciños e veciñas camiñando tras o druída e a raíña Alda dende a capela ta a ermida. / Cedida
Unha vez diante da ermida do Pico Sacro, o druída utilizou o seu bastón (cunha lupa no extremo) para concentrar a luz solar na ramaxe que se colocou no pebeteiro. O lume acendeu en só uns minutos grazas á forza do astro rei, creando deste xeito o lume sagrado. As chamas serviron para acender as candeas de numerosos veciños de Boqueixón, que as usarán para acender as cacharelas de San Xoán.

O druída, flanqueado por Ovidio Rodeiro, esquerda, e José Luis Marque. / Cedida
O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, acompañado polo concelleiro de Turismo, José Luís Mareque, agradeceu a colaboración un ano máis da citada asociación nesta actividade e animou os presentes a coñecer máis polo miúdo o Pico Sacro, participando nas visitas guiadas gratuítas que o Concello ten programadas para este verán. Terán lugar todos os venres, sábados e domingos ata o 14 de setembro ás 12.00, ás 16.00 e ás 18.00 horas. Para participar só é preciso reservar praza chamando ao 981 513 061 ou enviar un email a boqueixonturismo@gmail.com.
- Tres alcaldes del área de Santiago, entre los diez mejor pagados de Galicia
- El presidente del Ateneo de Santiago: «La sala Yago puede ser ese recinto de actos con más aforo que necesitamos»
- La comisión de fiestas de Conxo denuncia la venta ilegal de rifas por falsos miembros en la zona de Volta do Castro
- Rosalía cuenta en la televisión brasileña cómo se cortó el pelo en A Coruña: 'Cometí un error
- El Ejército del Aire planea dotar de almacén de munición a la base militar de Lavacolla
- ¿Qué supermercados abren este puente de la Constitución en Santiago?
- La fábrica de IA de Santiago es la tercera mejor valorada de las 19 concedidas en Europa
- Más viviendas en Milladoiro: aprobada la licencia para 78 pisos en la Rúa da Madalena