Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Ames conmemora o Día do Orgullo con música, obradoiros e unha Festa Holi

A cita será este sábado 28 de xuño no Paseo da Igualdade do Milladoiro

Uxía García, esquerda, e Mónica Antelo

Uxía García, esquerda, e Mónica Antelo / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Ames

O Concello de Ames presentou este luns a programación organizada a través da concellería de Benestar Social e Igualdade para celebrar o Día Internacional do Orgullo LGBTIQ+, que se conmemora o sábado 28 de xuño. A concelleira de Benestar e Igualdade, Uxía García, e a técnica municipal, Mónica Antelo, foron as encargadas de dar a coñecer o programa das actividades no Paseo da Igualdade, na localidade do Milladoiro.

«Un ano máis no concello de Ames imos celebrar o 28 de xuño, no que se conmemora o Día Internacional LGBTIQ+», sinalou Uxía García.

A concelleira engadiu que «convidamos a toda a veciñanza a que participe nas diferentes actividades que se van celebrar co obxectivo de darlle maior visibilidade ao colectivo LGTBIQ+».

Pola súa banda, a técnica municipal explicou que «as actividades comezarán coa lectura do manifesto institucional e, de seguido, haberá diferentes obradoiros para os nenos e nenas e para os adultos co obxectivo de que poidan participar en familia nestas actividades».

Cartel das actividades polo Día do Orgullo en Ames

Cartel das actividades polo Día do Orgullo en Ames / Cedida

Programa de actividades

O sábado, o concello de Ames encherase de cor a modo de conmemoración. Ás 11.00 horas lerase o manifesto institucional no Paseo da Igualdade, ao cal, como destacou a concelleira, «queremos que lle dea voz unha persoa dalgún colectivo de Ames». A continuación, entregarase o premio ao gañador ou gañadora da segunda edición do concurso fotográfico LGTBIQ+, que se enmarca na campaña Ames a quen ames faino con orgullo e que busca loitar contra a discriminación e promover a igualdade e a diversidade a través da fotografía.

Por outra banda, haberá actividades para todos os públicos: talleres de pintura de bolsas, obradoiros de pintura de pedras e mural, taller de pulseiras e para elaborar espetadas de lambonadas, música, e para rematar, ao redor das 12.30 horas, celebrarase unha Holi Party onde se visibilizarán todas as cores da bandeira LGTBIQ+.

Tracking Pixel Contents