Un ataque informático suspende as poxas da Central Agropecuaria de Silleda
A comezos do pasado mes de maio estreouse o sistema de poxas integramente informatizadas

Un ataque informático suspende as poxas da Central Agropecuaria de Silleda / ECG
A Fundación Semana Verde de Galicia viuse obrigada a suspender as poxas deste martes 24 de xuño na Central Agropecuaria de Galicia Abanca.
O motivo foi un ataque informático sufrido pola Fundación este luns, cuxas consecuencias non fixeron posible comezar o proceso que conleva este marcado, o cal se pon en marcha os luns ás 17.00 horas.
Se ben se intentou solventar a situación para poder levar a cabo a sesión deste martes, non foi posible dada a premura coa que debe iniciarse todo o proceso da central.
Este ataque informático chega menos de dous meses despois, a comezos de maio, da estrea das poxas 100% informatizadas.
No que vai de ano, os datos da central destacan respecto a 2024, coa asistencia de 29.212 animais (un 24,7% máis), mentres que as transaccións ascenderon a 28.471.021 €, un 74% máis.
- De las aulas de Santiago a la graduación en Michigan: la historia de éxito de Carlota Garabato en Estados Unidos
- Buscan figurantes en Santiago para la nueva película de Vaca Films: estos son los requisitos
- La panadería de Santiago que triunfa con su café con flores: 'Estamos vendiendo más flores que pan
- Boiro atesora los restos de un templo de hace catorce siglos, uno de los más antiguos de Galicia
- Sorpresa en Noia: un tendal de setenta metros sobre la ría
- La USC sitúa a tres investigadores entre los jóvenes más destacados de Galicia por sus avances en energía, obesidad y turismo
- El legendario París-Dakar revive en Fontiñas: así es la versión del barrio compostelano
- La SD Compostela logra la ansiada remontada contra el Atlético Arteixo tras sufrir en la prórroga
