Denuncian a vandalización dunha marquesiña en Calo: "Ser cívicos e respetuosos co que nos rodea non custa nada"
A mesma marquesiña xa fora vandalizada hai un ano

Marquesiña vandalizada en Calo / Cedida
O Concello de Teo denunciou este martes a través das súas redes sociais un novo acto vándalico, desta vez nunha marquesiña en Calo, que como engaden, xa fora vandalizada hai un ano.
Os operarios retiraron na mañá deste martes o cristal do lateral da marquesiña, para evitar posibles accidentes, que se volverá a colocar o antes posible. "Unha actuación que pagamos todos os teenses, pois o mantemento das marquesiñas é competencia municipal", explican.
Desde o Concello inciden "na importancia de denunciar ou informar destes actos vandálicos, pois as consecuencias, de forma directa ou indirecta, nos afectan a todos".
"Ser cívicos e respetuosos co que nos rodea non custa nada", conclúen desde o Concello.
- El juzgado autoriza a Pérez Rumbao a que adquiera los concesionarios del Grupo Yáñez
- Una compostelana hace historia al ganar un Latin Grammy: 'Quero adicarllo a miña cidade e a Galicia
- Los gallegos son fieles a la leña: 'Es lo más barato para calentar la casa
- Un cliente revienta de madrugada la nariz al dependiente de una tienda 24 horas del Ensanche de Santiago
- Rescate de película en Pontepedriña: los bomberos socorren a dos jóvenes atrapados en un edificio en llamas
- Mutualistas desesperados: más de 4.000 gallegos están desatendidos
- O ‘cohousing’, máis preto de despegar en Santiago con 30 vivendas: «Parecía un soño, pero é real»
- Crónica de una hora de rescate: así vivieron los inquilinos el incendio en el edificio de Pontepedriña