Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

LETRAS

Labarta Pose une á Real Academia Galega e o Concello de Zas

Coorganizarán unha actividade conxunta para dar visibilidade á súa figura

Henrique Monteagudo, esquerda, Manuel Muíño e Ana Boullón na xuntanza na RAG

Henrique Monteagudo, esquerda, Manuel Muíño e Ana Boullón na xuntanza na RAG / Cedida

Zas

A Real Academia Galega e o Concello de Zas coorganizarán un acto conxunto o vindeiro ano para dar visibilidade á figura do escritor e xornalista Enrique Labarta Pose, de Baio. Así o acordaron o presidente da RAG, Henrique Monteagudo, e o alcalde zaense, Manuel Muíño, nunha xuntanza na que participou tamén a secretaria da institución, Ana Boullón.

Hai que lembrar que Labarta Pose formou parte da Real Academia Galega e que o Concello, xunto con outras asociacións, leva anos traballando para que se lle adique o seu propio Día das Letras Galegas, sendo xa un dos candidatos de cara a 2026, aínda que finalmente a elexida foi Begoña Caamaño.

Tracking Pixel Contents