Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

DIVERSIDADE SEXUAL

Miguel Vieito achega a Carballo medidas para a igualdade e non discriminación da persoas LGTBI

Corcubión acolle unha multiproxección de curtametraxes este venres

O avogado Miguel Vieito participa nunha palestra en Carballo

O avogado Miguel Vieito participa nunha palestra en Carballo / Cedida

Corcubión

Un ano máis, o Concello de Carballo participa na campaña Liberdade de ser e sentir, impulsada dende a Deputación da Coruña para sensibilizar sobre a importancia da tolerancia e a igualdade das persoas, independentemente da súa orientación sexual e identidade de xénero.

Cartel promocional da palestra de Miguel Vieito, en Carballo

Cartel promocional da palestra de Miguel Vieito, en Carballo / Cedida

Este xoves, día 26 ás 18.00 horas nas Escolas do Xardín Agra de Caldas, terá lugar unha das palestras programadas pola institución provincial arredor de contidos como as medidas para a igualdade e non discriminación das persoas LGTB no ámbito laboral, das que falará o avogado Miguel Vieito, experto en asesoramento e acompañamento a persoas do colectivo LGBTIQA+. O acto está aberto a toda a veciñanza.

Pola súa banda, a Concellería de Benestar Social, Muller e Igualdade de Corcubión promove o venres, día 27, unha multproxección de curtametraxes nos xardíns da casa do concello para conmemorar o Día da Diversidade Sexual.

A cita é ás 20.30 horas, e os asistentes poderán gozar dos filmes El que no se agache, de Agustín Segura; Querida mía, de Antía Romero; Este lugar partido, Con mis ojos e Porque no me gusta el helado de fresa, de Inés Pintor e Pablo Santidrián.

TEMAS

Tracking Pixel Contents