Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

CULTURA

‘Bibopalula’ e exhibicións de taekwondo en Cee

O espectáculo infantil ofrece música e espectaculares coreografías

Espectáculo musical da serie infantil ‘Bibopalula’

Espectáculo musical da serie infantil ‘Bibopalula’ / Xunta de Galicia

Cee

O auditorio Baldomero Cores de Cee acolle o sábado día 28 ás 17.30 horas o espectáculo Bibopalula, o contido máis visto en Xabarin.gal. Trátase dun proxecto audiovisual dirixido pola actriz fisterrá Marta Lado, con cancións escritas por Andrés Mahía e compostas por Santi Jul e Iván Laxe. A ceense Martina Cambeiro participou no deseño de vestiario e as coreografías.

Cartel promocional do espectáculo 'Bibopalula'

Cartel promocional do espectáculo 'Bibopalula' / Cedida

O espectáculo inclúe máis de dez cancións e coreografías, todos os fenómenos naturais posibles entre o ceo e as pólas, e a intención de que cada representación sexa unha auténtica festa.

A fin de semana trae ademais dúas exhibicións dos clubes de taekwondo Juan e Arte e Movemento. A primeira é este venres, día 27 ás 20.00 horas, e a segunda o domingo, día 29 ás 17.30 horas. Ambas terán lugar no auditorio da casa da cultura.

Tracking Pixel Contents