PATRIMONIO
Os oleiros dos anos 40 reviven no Ecomuseo Forno do Forte de Buño
Haberá visitas teatralizadas gratuítas a cargo de Alalá Teatro

Visita teatralizada no Ecomuseo Forno do Forte, de Buño / Cedida
O Concello de Malpica, en colaboración coa Deputación da Coruña, ofrecerá visitas teatralizadas gratuítas ao Ecomuseo Forno do Forte os sábados 12 e 26 de xullo, e os días 9 e 30 de agosto, ás 12.00 horas.

Cartel promocional das visitas teatralizadas ao Ecomuseo Forno do Forte / Cedida
Yago Espasandín e Raquel Crespo, integrantes da compañía Alalá Teatro, serán os encargados de dar vida a unha peza baseada na vida tradicional dos oleiros. A obra narra a reflexión de dous irmáns oleiros dos anos 40, pertencentes á quinta xeración dunha familia dedicada ao barro, que se enfrontan á que cren será a súa última fornada, repasando o seu oficio como forma de vida.
A representación, titulada Onde nace o fume, é un relato íntimo e poético sobre as raíces, o pasado recente e a evolución dun oficio que marcou a identidade dunha comunidade. A través da dramatización, os visitantes mergúllanse na historia viva do Forno do Forte, accedendo ás vivendas dos oleiros e á exposición do ecomuseo desde unha perspectiva emocional e sensorial.
Un xeito diferente e enriquecedor de coñecer a historia local, sentir a pegada do barro e conectar co espírito dunha tradición que, malia os cambios do tempo, segue viva na memoria colectiva.
- La Xunta inicia el proceso para construir 36 pisos protegidos en Volta do Castro
- Vientos huracanados, lluvias persistentes y descenso de la cota de nieve: el temporal sacude a Galicia esta semana
- Santiago encara un nuevo día sin autobuses urbanos en pleno temporal: los piquetes impiden salir a los servicios mínimos
- Galicia protege a la última pareja que cría en la península de un singular pájaro
- Lavacolla se libra de momento de almacenar misiles de guerra por el limitado perímetro de seguridad
- Cierra A Gata Tola, mítica librería de cómic en Santiago
- No es spam: todo lo que debes saber del mensaje masivo del Sergas y el virus respiratorio sincitial
- Santiago contará con dous novos radares: un estable no Restollal e un novo no túnel do Hórreo
