Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Vaga de vandalismo en Teo: tres marquesiñas destrozadas nunha semana

Dende o Concello denuncian que o incivismo provoca "gastos totalmente innecesarios ante feitos delituosos"

Marquesiñas vandalizadas en Cacheiras e Calo

Marquesiñas vandalizadas en Cacheiras e Calo / Cedida

Teo

O Concello de Teo estase enfrontando a unha preocupante repetición de actos vandálicos contra o mobiliario urbano, en especial contra as marquesiñas.

Despois de que este martes 24 de xuño o Concello denunciara o incivismo contra unha marquesiña en Calo, este venres volveronse rexistrar novos ataques contra o mobiliario en diferentes puntos da localidade.

En concreto, unha das marquesiñas afectadas está situada en Cacheiras, xusto diante da oficina do Banco Santander. Outra foi danada na estrada que conecta Folgueiras coa parroquia do Carballal e, por último, a xa mencionada marquesiña de Calo, que tras ser arreglada volveu ser obxecto dun ataque que acabou co estalido doutro dos seus cristais.

Marquesiña na estrada entre Folgueiras e Carballal

Marquesiña na estrada entre Folgueiras e Carballal / Cedida

"Non podemos entender estas prácticas", lamentan desde a administración local, que recordan que "o mantemento das marquesiñas é competencia do Concello, polo tanto todos pagamos estes gastos totalmente innecesarios ante feitos delituosos".

Tracking Pixel Contents