Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Vedra organiza unha xornada de microchipeado de mascotas

O servizo ten un custo de 27 euros e é obrigatorio unha inscrición previa

Campaña de microchipeado de animais o día 5 en Vedra

Campaña de microchipeado de animais o día 5 en Vedra / EP

Vedra

O Concello de Vedra organiza o vindeiro domingo 5 de xullo unha xornada de microchipeado de animais de compañía para que toda a veciñanza que teña mascotas que carezan do microchip identificativo poida acceder a este servizo. A cita será pola tarde na Casa do Concello.

Dende o Concello lembran que a identificación mediante microchip de cans e gatos é obrigatoria, e que non facelo terá sancións de importante contía. Ademais inciden en que «tamén pode supoñer que no caso de perda do animal nunca se poida recuperar».

Para participar na campaña de microchipeado é obrigatorio inscribirse previamente e, ademais, debe acudirse cos animais coas medidas de retención necesarias para evitar problemas. Neste sentido, explican que debe levarse ás mascotas en gaiola de transporte, con correa e buceira no caso de cans potencialmente perigosos...

As inscricións poden facerse ata o venres 4 no enderezo electrónico vanessa.crespo@concellodevedra.gal ou no teléfono 881 074 404. Este servizo ten un custo de 27 euros e poden anotarse tanto veciños como persoas de fóra de Vedra, sempre que haxa prazas libres dispoñibles.

Tracking Pixel Contents