Os maiores da Estrada poderán anotarse ao programa de vacacións do Imserso 2025-2026 dende este martes
O prazo estará aberto ata o 23 de xullo e a adxudicación de prazas será por orde de rexistro de entrada das solicitudes

Esta iniciativa permitirá que algúns maiores da Estrada poidan facer turismo / Cedida
Redacción
O Concello da Estrada notificou hoxe a apertura da inscrición para participar no Programa de Vacacións para Maiores organizado polo Imserso, en colaboración coa administración local, para a tempada 2025/2026. O prazo para anotarse comprenderá dende o 1 ata o 23 xullo, con ambos incluídos.
Poderán gozar deste programa de turismo aquelas persoas que esten empadroadas no Concello da Estrada; sexan maiores de 65 anos; pensionistas de xubilacións do sistema público de pensións; pensionistas de viudez con idade igual ou superior aos 55 anos ou pensionistas de invalidez con outras pensións ou prexubilados (tendo en todos estes casos 60 anos cumpridos).
Soamente serán admitidos como acompañantes das persoas inscritas o seu cónxuxe, aínda cando non acade a idade e sempre que reúna tódolos requisitos restantes, e un fillo ou filla con dicapacidade que teña un grao de minusvalía igual ou superior ao 45%.
As solicitudes terán que presentarse no departamento de Servizos Sociais ou por Rexistro de entrada no Concello da Estrada, aínda que tamén se pode completar este proceso a través da sede electrónica da administración local.
A adxudicación de prazas será por orde de rexistro de entrada das solicitudes, e aquelas persoas que xa participasen na pasada edición do programa e desexen repetir a experiencia só terán que confirmar a reserva da súa praza no rexistro de entrada do Concello.
- Lunes de borrasca y lluvias intensas en Galicia... pero con el anticiclón en el horizonte
- Rodada en Santiago y ambientada en el Entroido gallego: así es la nueva película que llega a Prime Video
- Uno de los mejores panes de España se hace en Santiago: 'Un día normal aquí son 14 horas de trabajo
- Martiño Noriega, ex alcalde de Santiago, y su noche especial de concierto en pleno Entroido
- Aviso a los conductores: una calle del centro de Santiago permanecerá cortada al tráfico durante 24 horas
- Estos son todos los cortes de tráfico por el desfile de Carnaval de este martes en Santiago
- Adiós a la lluvia: Galicia se prepara para dejar en casa los paraguas y pone fecha a la vuelta del sol
- Conflicto de buses en Santiago: 'Se non hai avances poderiamos levar a asamblea a reactivación da folga


