As Escolas de Música de Rois e da Baña pechan o curso por todo o alto
Ofreceron sendas actuacións os días 28 e 29 de xuño para amosar o traballo realizado ao longo do ano

Concerto de fin de curso da Escola de Música de Rois / Cedida

A música foi a gran protagonista da fin de semana do 28 e 29 de xuño en Rois e A Baña. As Escolas Municipais de Música de ambas localidades pecharon o curso 2024-2025 con sendas actuacións de fin de curso.
O alumnado das dúas escolas encandilou ao público, mostrando todo o aprendido ao longo destes meses.
Unha trintena de alumnos na Baña
O sábado foi a quenda na Baña, cunha cita para amosar o traballo realizado polo alumnado ao longo do ano e poñer en valor o talento musical local.

Actuación da Banda da Escola Municipal de Música da Baña / Cedida
Durante o festival, que se esenvolveu nas instalacións da propia escola, o público puido gozar de distintas actuacións, incluída a da recentemente creada Banda da Escola de Música da Baña, presentada oficialmente o pasado 17 de maio.
Durante o curso, formáronse na Escola Municipal de Música Emilio Andújar da Baña unha trintena de alumnos en percusión, vento metal, piano e acordeón.
A concelleira de Acción Social, Mónica González, destacou a importancia da música como "ferramenta educativa e socializadora", e felicitou ao alumnado "pola súa entrega e pola recuperación da Banda da Baña". Ademais, anunciou que durante o vindeiro mes de agosto organizaranse obradoiros gratuítos abertos á veciñanza de piano e acordeón.

Membros da Escola de Música da Baña / Cedida
Na clausura do festival, González entregou diplomas ao alumnado presente e agradeceu o traballo do equipo docente: Juan Leis (percusión e responsable da escola), Marcos Cernadas (vento metal) e Ramón Leis (piano e acordeón).
Un concerto increíble en Rois

Concerto de fin de curso da ESMU de Rois / Cedida
Pola súa banda, ao día seguinte, o domingo, a ESMU de Rois converteu o seu concerto de fin de curso nun gran espectáculo cheo de momentos memorables.
Dirixido polo responsable da escola, Manuel Villar, e co respaldo institucional do concelleiro de Cultura, Manuel Cobas, e da xestora cultural Anayansi Singh, o evento amosou un gran repertorio onde o alumnado pasou por estilos tan diversos como o pop de The Beatles ou Adele, a electrónica de Vangelis ou clásicos como o Do, Re, Mi de Sonrisas e Lágrimas.
Aínda así, con todo o repertorio, un dos momentos máis emotivos da xornada chegou ao inicio da mesma, coa interpretación da peza Ileana, composta polo profesor Javier á alumna de violoncello Ileana Alba Piñeiro
- El juzgado autoriza a Pérez Rumbao a que adquiera los concesionarios del Grupo Yáñez
- Una compostelana hace historia al ganar un Latin Grammy: 'Quero adicarllo a miña cidade e a Galicia
- Los gallegos son fieles a la leña: 'Es lo más barato para calentar la casa
- Rescate de película en Pontepedriña: los bomberos socorren a dos jóvenes atrapados en un edificio en llamas
- Mutualistas desesperados: más de 4.000 gallegos están desatendidos
- El doctor González Juanatey se jubila tras casi 20 años como jefe de Cardiología del CHUS
- Nivel rojo por la crecida del Sar y Tambre desbordado en Ames con su molino en jaque
- Gonzalo Rodríguez: «Siempre estaré agradecido de entrenar al equipo de mi corazón»
