A Rapa das Bestas de Sabucedo xa é un Ben de Interese Cultural de Galicia
A Xunta destaca «o seu valor sobranceiro»
Desde o 2007 conta co recoñecemento de Festa de interese internacional

Aloitamento dun equino o pasado ano / BERNABÉ/JAVIER LALÍN
O Consello da Xunta aprobou este luns o decreto que declara Ben de Interese Cultural (BIC) a Rapa das Bestas de Sabucedo, na Estrada, por acreditar o «seu valor cultural sobranceiro» como patrimonio inmaterial de Galicia, ao tratarse dunha das festas máis antigas de Comunidade con, como mínimo, tres séculos de historia. Esta distinción súmase á de Festa de Interese Turístico Internacional acadada no ano 2007.
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude culmina así a tramitación iniciada en 2024 para darlle esta distinción a unha celebración «extraordinaria, admirada por propios e foráneos, do noso patrimonio cultural e turístico», que se celebra do 4 ao 7 de xullo na parroquia estradense de Sabucedo.
Desde a Xunta explican que se trata «da manifestación inmaterial máis clara que existe en Galicia da relación ancestral entre uns animais e os seres humanos». Con catro días de duración, a Rapa das Bestas abrangue unha serie de rituais que se agrupan en tres fases: a misa alborada, a baixada dos cabalos salvaxes do monte e a rapa destes no curro.
Ademais, destacan que busca ser un recoñecemento das tradicións e dos costumes do medio rural, «merecentes de se conservaren e seren coñecidos».
O decreto aprobado este luns polo Goberno galego tamén recolle a conveniencia de rexistrar e sistematizar documentos relacionados con este patrimonio para poder ter «unha comprensión máis eficaz e completa».
- La borrasca Marta obliga a suspender el partido entre el Cambados y el Compostela
- Rescatados después de tres horas los pasajeros de un AVE Santiago–Madrid averiado en medio de un monte cerca de Ourense
- Operativo policial en dos pubs de Santiago para la búsqueda de drogas durante la madrugada
- La huelga de buses se reactiva el miércoles de forma indefinida en Santiago
- Furor por construir las 140 viviendas públicas en Ames: hay 122 propuestas
- Vecinos de A Ponte Maceira firman para que se rehabiliten sus molinos
- Una serie rodada en Santiago y sus alrededores aspira a tener el Mejor Guión de Comedia
- Crónica social compostelana | Cocido de la promoción del Preuniversitario del 70-71 del Arcebispo Xelmírez
