Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

FORMACIÓN

Catro cursos na Aula AmTIC do Milladoiro para os nenos en xullo

Aprenderán as claves da programación, o debuxo e os xogos

Casa do Concello de Ames

Casa do Concello de Ames / Cedida

Ames

A Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación (Aula AmTIC) do Concello de Ames, localizada no Milladoiro, organiza para este mes de xullo novos cursos.

Desta volta, desenvolveranse catro formacións dirixidas a menores, cunha ampla variedade de contidos (debuxo, xogos, programación, etc.) para que os máis pequenos da casa non deixen de aprender durante o período estival, pero dun xeito divertido e entretido para eles a través da tecnoloxía.

O primeiro curso, de debuxo dixital, terá lugar do 7 ao 11 de xullo, e está dirixido á rapazada de 5 a 7 anos, que poderá participar tamén, do 14 ao 18, nunha formación de xogos interactivos e educativos.

Os dous cursos restantes estarán dirixidas as menores de 8 a 10 anos, tamén en horario de 10.00 a 12.00 horas. Do 21 ao 24 de xullo impartirase o de Programación creativa: Scratch e Tynker’f, e do 28 ao 31, a formación centrarase na creación de contido audiovisual.

As persoas interesadas en realizar calquera dos cursos, deben facer a súa inscrición chamando ao número de teléfono 674 59 48 43, escribindo un correo electrónico a informatica.milladoiro@gmail.com coa correspondente solicitude cuberta e asinada, ou de xeito presencial na propia aula AmTIC do Milladoiro. 

Tracking Pixel Contents