Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A ferramenta Vetinen facilitará o ensino do inglés en 52 centros

Baséase na intelixencia artificial e foi presentada polo conselleiro en Padrón

Román Rodríguez e Eugenia Pérez, en Padrón.

Román Rodríguez e Eugenia Pérez, en Padrón. / Cedida

Redacción

Padrón

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, xunto a directora xeral de FP, Eugenia Pérez, presentaron no centro tecnolóxico de Cortizo, situado en Padrón, a nova ferramenta de intelixencia artificial Vetinen. Este instrumento chega para mellorar a forma na que se imparte inglés nos ciclos de Formación Mecánica que hai nos trinta centros de formación profesional que dan estas ensinanzas. 

A ferramenta foi impulsada polo Centro Galego da Innovación da FP Eduardo Barreiros, en Ourense, e servirá para que os alumnos poidan aprender inglés recreando situacións reais a través dunha interface en 3D, coas cales poderán simular ás que se verán expostas do día a día do seu traballo.

Vetinen xa saíra á luz nunha experiencia piloto realizada no curso pasado, nos ciclos de Hostalaría e Turismo. Sen embargo, agora axudará a mellorar as ensinanzas de preto de 6.000 estudantes e de 52 centros de formación profesional.

Román Rodríguez aproveitou a presentación deste instrumento para destacar o «alto valor para reforzar a conexión entre formación e empresa», na medida en que adoita as prácticas das destrezas lingüísticas cos últimos avances tecnolóxicos ao servizo da educación e adaptado ás esixencias do mundo laboral.

Subliñou tamén a súa importancia para impulsar unha FP «innovadora, de calidade e capaz de dar resposta ás necesidades de demanda de profesionais cualificados», da que Cortizo «é un exemplo».

Tracking Pixel Contents