Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

SENTENZA

Greenalia deberá pagar a taxa de ocupación dun parque éolico ao Concello de Vimianzo

O TSXG rexeitou o recurso de casación que interpuxo a empresa enerxética

Parque éolico de Monte Tourado, en Vimianzo

Parque éolico de Monte Tourado, en Vimianzo / Greenalia

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google
Vimianzo

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) vén de inadmitir o recurso de casación presentado pola empresa Greenalia Wind Power Monte Tourado S.L.U. contra o Concello de Vimianzo.

Esta resolución confirma a validez da actuación municipal e recoñece a necesidade de obter licenza de primeira ocupación para a instalación do parque eólico Monte Tourado, así como o abono da taxa asociada á mesma.

A empresa alegaba que a normativa autonómica a eximía de solicitar licenza municipal, pero a sentenza constata que Greenalia solicitou voluntariamente no seu día a licenza de obra, na que xa se advertía da obriga de solicitar a licenza de primeira ocupación unha vez rematados os traballos. O Tribunal conclúe que, deste xeito, a promotora queda vinculada aos seus propios actos, polo que se aplica a doutrina dos actos propios, xa que foi a propia entidade recorrente a que solicitou licenza de obra e, posteriormente, licenza de primeira ocupación, tal como resultaba da normativa de aplicación nesas datas.

Polo tanto, o TSXG rexeita a casación e impón as costas á parte recorrente, fixadas nun máximo de 600 euros, e contra esta decisión non cabe recurso. Desde o Concello de Vimianzo trasladaron que esta resolución “é unha boa nova para a defensa do noso territorio. A sentenza confirma que o Concello actuou con rigor, responsabilidade e sempre dentro da legalidade”.

Tracking Pixel Contents