Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Leti da Taberna abrirá mañá en Arzúa os Seráns de Ribadiso

A artista presenta o seu monólogo, ‘Enredada’, sobre as redes sociais

Leticia Miraz.

Leticia Miraz. / Cedida

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Redacción

Arzúa

Os Seráns de Ribadiso, que organiza o Concello de Arzúa, comezarán mañá sábado cun monólogo da artista Leticia Miraz, titulado Enredada, a partir das 20.00 horas, na área recreativa da aldea e con acceso aberto a toda a veciñanza.

A creadora de contidos, coñecida popularmente como Leti da Taberna, é unha taberneira e sociosanitaria que comparte vídeos de humor en Tiktok e Instagram dende 2020. O seu uso da retranca feminista, sempre en galego, e a súa mirada crítica acerca da realidade fixéronlle gañar milleiros de seguidores nas redes.

Con Enredada, o espectáculo co que animará a primeira cita dos Seráns de Ribadiso, tratará de facer reflexionar e rir aos presentes falando sobre o noso comportamento nas redes sociais, o seu uso cotián, a presenza que teñen na vida diaria e as situacións máis disparatadas que viviu como taberneira virtual.

En representación do Concello de Arzúa, o alcalde, Xoán Xesús Carril, animou á veciñanza «a achegarse este sábado a Ribadiso, a gozar dunha tarde diferente nun lugar único e da retranca do país».

O rexedor sinala que esta nova edición das festas «busca dar continuidade a unha programación feita con coidado e pensada para dinamizar e devolverlle vida a Ribadiso». «Ademais, constitúe unha aposta por espectáculos de calidade, en galego, e por darlle vida a espazos naturais que son de toda a veciñanza e que nos unen», engade.

Tracking Pixel Contents