Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Unha vintena de mozos do programa Xuventude Mentoring visitan a empresa Siemens Gamesa de Oroso

O encontro contou coa presencia da directora xeral de Xuventude Lara Meneses

Os mozos e mozas nas instalacións de Siemens Gamesa.

Os mozos e mozas nas instalacións de Siemens Gamesa. / Cedida

Redacción

Oroso

A directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, reuníuse hoxe cunha vintena de mozos e mozas que participan no programa Xuventude Mentoring para facer unha visita á empresa Siemens Gamesa, asentada en Oroso. Esta é unha iniciativa impulsada pola Xunta de Galicia que ten como obxectivo axudar aos mozos na súa etapa de transición do mundo académico ao mundo laboral.

Lara Meneses declarou no encontro que é “fundamental contar coa implicación de entidades e mentores como esta empresa” para ofrecer actividades e visitas formativas á xuventude. Resaltou tamén que o programa busca mellorar as habilidades e competencias dos mozos galegos para buscar emprego, con accións formativas, actividades de networking e con persoas mentoras procedentes do empresariado galego que ofrecen asesoramento e apoio. 

Ademais, a representanteda da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude explicou que a iniciativa está posta en marcha grazas a un convenio de colaboración co Consorcio para o Desenvolvemento de Aplicacións para a Xestión Universitaria, e que conta cun investimento por parte da Xunta de preto de un millón de euros para o período 2024-2025.

Nesta sétima edición de Xuventude Mentoring, foron inscritas un total de 207 persoas, das que un 10% delas xa teñen emprego. Nas outras seis, calculouse que un 50,3% dos mozos que participaron nelas acadou a inserción laboral.

Tracking Pixel Contents