Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O PP de Oroso acusa o PSOE de «desprezo institucional»

Segundo o Concello de Oroso, o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, visitou as obras na estrada N-550 sen notificalo previamente

Pedro Blanco Lobeiras, segundo pola esquerda, na súa visita ás obras.

Pedro Blanco Lobeiras, segundo pola esquerda, na súa visita ás obras. / Cedida

Redacción

Oroso

O Partido Popular de Oroso amosou a súa «profunda decepción» despois de que o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, visitara as obras na estrada N-550 ao seu paso polo municipio «sen comunicar absolutamente nada ao Concello nin ao alcalde, Álex Doval».

A formación califica esta conduta como «unha mostra clara de desprezo institucional e dunha utilización partidista dos recursos públicos, con coche oficial incluído, nun intento de maquillar o descalabro do PSOE no Goberno central».

Destaca tamén como «especialmente grave» que o Concello de Oroso non tivese constancia desta visita, xa que tampouco obtiveron resposta ás sete demandas que presentaron o 29 de novembro para mellorar as condicións da N-550.

Desviacións de tráfico

Ademais, o PP denuncia que se colocasen sinais na avenida de Compostela «sen avisar o Concello», asegurando ademais que afectaron ás obras municipais e á circulación da veciñanza. Un acto que cataloga como unha «falta de respecto institucional».

Por outra banda, o PP de Oroso lamenta o «silencio cómplice dos representantes locais do PSOE». Especialmente, o do deputado provincial, que é veciño do municipio. En contraste, engade que os orosáns merecen «seriedade, coordinación e compromiso real».

Tracking Pixel Contents