Cayetano Lledó trae a Vedra o seu espectáculo ‘Maxia de verán’
A actuación tivo lugar no centro sociocultural o 4 de xullo

Lledó en acción. / Cedida
Redacción
Vedra
O Centro Sociocultural de Vedra encheuse de espectadores o venres 4 de xullo para desfrutar do espectáculo Maxia de Verán, de Cayetano Lledó. Nesta actuación, incluida no Programa Rede Cultural 2025 da Deputación da Coruña, o artista vigués combinou as súas dotes de ilusionismo con teatro, danza, hipnose e mentalismo para divertir e sorprender a todos os presentes.
Esta actividade, proposta polo Concello, organizouse co obxectivo de que toda a cativada apuntada nos programas de conciliación do verán lúdico municipal, o Acamparte da Anpa do CEIP Ortigueira e a Escola Ambiental de Amabul puidese gozar, xunto ao público xeral, dun espectáculo cheo de fantasía para culminar a primeira semana de xullo.
- Financial Times' sitúa a una empresa con sede en Santiago como referente en Europa
- Raúl López: «Los presupuestos son más altos que en ACB»
- Los vecinos del Ensanche de Santiago señalan ante Raxoi y la Policía 15 locales de ocio nocturno conflictivos
- El mejor quinteto de la historia del Obradoiro vuelve a reunirse
- Una farmacia de Boiro entre las mejores de Galicia
- Ames y Teo se cuelan en el Top 10 de los concellos coruñeses de mayor renta
- Arde un coche por completo en plena autopista mientras circulaba por Santiago
- El influencer gastronómico Cenando con Pablo visita un asador en Teo y su reacción no deja indiferente a nadie: 'Atención a este crimen
