Ames presenta o plan contra incendios forestais para a tempada de alto risco
O dispositivo busca coordinar todas as tarefas dos grupos de intervención

O encontro tivo lugar en Bertamiráns. / Cedida
Iago Rodríguez
O alcalde de Ames, Blas García, presentou onte o plan municipal de actuacións contra os incendios forestais, nun acto que tivo lugar no salón de plenos da casa consistorial, situada na localidade de Bertamiráns, e no que estiveron presentes tamén os concelleiros de Xestión do Medio Natural, Atención ao Rural, Transparencia e Patrimonio, Javier Antelo, e de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, e a concelleira de Servizos Económicos, Deportes e Promoción da Saúde, Susana Señorís.
A finalidade deste plan contra incendios para a tempada de alto risco, é dicir, dende o 1 de xullo ata o 30 de setembro, é facilitar a organización dos distintos medios persoais e materiais cos que conta o Concello para actuar dun xeito rápido e eficaz fronte a posibles incendios forestais que poidan orixinarse en Ames.
Na presentación, Blas García fixo referencia ao baixo número de lumes forestais rexistrado nos últimos anos. Non obstante, destacou que «é importante coñecer polo miúdo este plan municipal por se hai que poñer en marcha este dispositivo».
No mencionado plan detállanse as tarefas concretas que deben acometer os grupos de intervención no caso de que haxa un incendio forestal, así como as actuacións que se deben levar a cabo en función da categoría de lume sinalada no dispositivo.
Ademais, conta cun inventario de medios e contactos de persoal municipal, dos que tamén se mostra a súa dispoñibilidade.
- Tres alcaldes del área de Santiago, entre los diez mejor pagados de Galicia
- El presidente del Ateneo de Santiago: «La sala Yago puede ser ese recinto de actos con más aforo que necesitamos»
- La comisión de fiestas de Conxo denuncia la venta ilegal de rifas por falsos miembros en la zona de Volta do Castro
- Rosalía cuenta en la televisión brasileña cómo se cortó el pelo en A Coruña: 'Cometí un error
- El Ejército del Aire planea dotar de almacén de munición a la base militar de Lavacolla
- ¿Qué supermercados abren este puente de la Constitución en Santiago?
- La fábrica de IA de Santiago es la tercera mejor valorada de las 19 concedidas en Europa
- Más viviendas en Milladoiro: aprobada la licencia para 78 pisos en la Rúa da Madalena


