Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

'A Vila do Mañá' o novidoso proxecto que tivo lugar hoxe en Pontecesures

Unha iniciativa lúdica e pedagóxica para concienciar aos máis mozos a través do xogo

Os rapaces xogando no patio do CEIP Pontecesures esta mañá

Os rapaces xogando no patio do CEIP Pontecesures esta mañá / Cedida

Pontecesures

Esta mañá a vila de Pontecesures celebrou unha novidosa iniciativa. Titulada como 'A Vila do Mañá', trátase dun proxecto que naceu co obxectivo de concienciar aos máis mozos de tódalas escalas do común que existen na sociedade. Realizada no patio do CEIP Pontecesures, a proposta contou coa participación de varios rapaces que tiveron que executar un taboleiro de xogo duns 3x3 metros de dimensión.

'A Vila do Mañá' é un proxecto pedagóxico e lúdico ideado e dirixido pola arquitecta asociada de honra Sandra González Álvarez; que busca impulsar o patrimonio na infancia, baseándose nas ideas de Francesco Tonucci. Levada a cabo anteriormente noutros 40 concellos galegos, esta iniciativa está apadriñada por Apatrigal e foi galardoada co premio Ludantia, Bienal de Venecia e Bienal Iberoamericana de Arquitectura.

Os rapaces xogando no taboleiro

Varios dos rapaces xogando no taboleiro / Cedida

Concienciar co xogo

Realizada por primeira vez en Pontecesures, a iniciativa persegue o fin de aportar conciencia a través do xogo a idades comprendidas entre a infancia e a mocidade sobre escalas tan relevantes na sociedade como a arquitectura, o patrimonio, o urbanismo ou a paisaxe.

O taboleiro de xogo, co que gozaron esta mañá os rapaces da vila, aglutinou elementos de especial interés para a vila de Pontecesures. Así, entre os debuxos destacaron atopáronse imaxes como a casa do Concello (Obra de Cesar Portela); o novo mural que se atopa na fachada da Praza de Abastos; o mural costumbrista Maside, a Igrexa de San Xulián ou a Casa dos Azulexos, entre outros.

Os rapaces pintando as imaxes máis relevantes de Pontecesures

Os rapaces pintando as imaxes máis relevantes de Pontecesures / Cedida

A proposta, divertiu aos rapaces asistentes fomentando a súa participación protagónica "como parte dun proxecto co que se busca construir una cidadanía activa".

Tracking Pixel Contents