Peter Punk leva este venres o seu novo espectáculo á área recreativa de Ribadiso, en Arzúa
O alcalde, Xoán Xesús Carril, aposta por converter a contorna "nun espazo vivo, público e de encontro para a veciñanza"

Xoán Xesús Carril, no centro, na presentación dos Seráns de Ribadiso. / Cedida
A área recreativa de Ribadiso (Arzúa) volverá ser este venres 11 escenario da segunda edición dos Seráns en Ribadiso, a programación do Concello «para recuperar este espazo e ofrecelo á veciñanza como lugar de encontro, lecer e convivencia», segundo o alcalde, Xoán Xesús Carril.
O protagonista será o recoñecido pallaso Peter Punk, que presentará un novo espectáculo unipersoal pensado para todos os públicos, especialmente para as crianzas. A función, que comezará ás 18.00 horas e será de balde, combina o humor irreverente que caracteriza ao artista cunha posta en escena chea de equilibrios, xestos arriscados e momentos de reflexión. Entre as escenas máis destacadas inclúense unha catedral de nove paraugas, o salto ao baleiro dun voluntario a cegas e o chamado circuíto da morte.
Un final evocador sorprenderá as máis pequenas e pequenos e fará pensar ao público adulto.
Peter Punk leva máis dunha década enriba dos escenarios e, segundo destacan desde o Concello, “é unha referencia no mundo do circo en Galicia”. O alcalde sinala que “tras o éxito de Leti da Taberna, esta vez traemos un espectáculo pensado especialmente para as e os máis pequenos da casa, que lles valerá para reflexionar e rir a partes iguais”.
Carril engade que “con esta segunda edición dos Seráns en Ribadiso, queremos consolidar unha proposta que reivindica Ribadiso como un espazo vivo, público e de encontro para a veciñanza. Un ano máis, apostamos por recuperar este lugar simbólico para o pobo, fronte á desidia e ao abandono que sufriu durante anos”.
Desde o Goberno local animan á veciñanza a achegarse. “Queremos que Ribadiso volva ser un lugar para xuntarnos, pasar un bo rato e sentir que é noso. Os Seráns en Ribadiso son para iso: para compartir tempo de lecer, rir e facer pobo”, conclúen.
- Llegan de Gran Canaria con sus dos hijos de 3 y 4 años para hacer el Camino tras una depresión y acaban siendo 'el aliento' de otros peregrinos
- Muere ahogado en una playa de O Grove Carlos Nieves, histórico concejal del PSOE de Santiago que estuvo 24 años en Raxoi
- Fallece el exalcalde de Negreira José Manuel López Tuñas
- La ruta favorita de Jesús Calleja para desconectar en Galicia: aldeas prerromanas y naturaleza a más de 1.000 metros de altura
- Pierde la vida un motorista en Carnota al salirse de vía a la altura de As Paxareiras
- La preocupación de una orquesta gallega por el futuro de las verbenas: «¿De qué sirve el relevo generacional si no hay público?»
- Gonzalo Míguez, profesor de Física Atmosférica en la USC: 'Si cambia el clima, tendrá que cambiar nuestra forma de cultivar
- Beatriz Romero, intérprete de signos de Rozalén, en Santiago: 'Cada vez más personas sordas se interesan por la música»