INFRAESTRUTURAS
Medio millón para renovar o complexo deportivo de San Paio de Refoxos de Cee
A Deputación da Coruña aportará o 80% do investimento

Valentín González e Margot Lamela asinaron o convenio de colaboración / D. Coruña
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González, e a alcaldesa de Cee, Margarita Lamela, asinaron un convenio de colaboración para cofinanciar as obras de reforma integral do complexo deportivo de San Paio de Refoxos. O investimento ascende a 496.707,84 euros, dos cales a Deputación aportará o 80% (397.366,27 €), mentres que o 20% restante será financiado polo Concello.
O convenio ten como principal obxectivo a construción dun novo campo de fútbol 7, así como resolver a canalización de pluviais e o saneamento, crear un acceso peonil ao recinto a través dunha senda, renovar a estrada de acceso e ampliar a zona de aparcamento.
«Trátase dun proxecto que contempla importantes melloras non só no eido deportivo, coa construcción dun novo campo de herba artificial que facilitará os adestramentos dos equipos locais, senón tamén mellorando a accesibilidade, seguridade e servizos das instalacións, como o aparacamento», afirmou a alcaldesa.
O presidente provincial destacou que esta actuación «é un exemplo do noso compromiso cos concellos e coa mellora das instalacións deportivas da provincia. Con proxectos coma este, contribuímos a crear espazos máis accesibles, modernos e axeitados ás necesidades dos equipos de fútbol e atletismo».
- Tres alcaldes del área de Santiago, entre los diez mejor pagados de Galicia
- El presidente del Ateneo de Santiago: «La sala Yago puede ser ese recinto de actos con más aforo que necesitamos»
- La comisión de fiestas de Conxo denuncia la venta ilegal de rifas por falsos miembros en la zona de Volta do Castro
- Rosalía cuenta en la televisión brasileña cómo se cortó el pelo en A Coruña: 'Cometí un error
- El Ejército del Aire planea dotar de almacén de munición a la base militar de Lavacolla
- ¿Qué supermercados abren este puente de la Constitución en Santiago?
- La fábrica de IA de Santiago es la tercera mejor valorada de las 19 concedidas en Europa
- Más viviendas en Milladoiro: aprobada la licencia para 78 pisos en la Rúa da Madalena

