Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

FORMACIÓN

Unha escola rural veciñal e colaborativa en Laxe

Vinte e cinco nenos descubren en Serantes o valor da economía local

Nenos e veciños de Serantes que partiparon na escola rural colaborativa

Nenos e veciños de Serantes que partiparon na escola rural colaborativa / Cedida

Laxe

A Asociación de Veciños de Serantes (Laxe), co apoio de iSlow, impulsou a primeira escola rural colaborativa de verán, unha iniciativa pioneira na zona que nace da colaboración dunha rede de entidades locais e profesionais comprometidas coa dinamización do territorio.

Nenos e nenas que participaron nas actividades acuáticas

Nenos e nenas que participaron nas actividades acuáticas / Cedida

Vinte e cinco nenos e nenas de entre 6 e 12 anos da comarca e doutras partes de España e do estranxeiro desfrutaron dun espazo de aprendizaxe e convivencia rural en clave bilingüe, onde puideron aprender inglés e español de forma natural a través de actividades lúdicas, educativas e comunitarias.

Durante o campamento, desenvolvéronse diversas temáticas como limpeza de praias en Camelle con Mar de Fábula, obradoiros de ciencia e robótica, cociña tradicional galega, creación audiovisual, actividades na natureza e deportes como o surf, o paddle surf ou o kaiak.

Unha das xornadas máis destacadas foi o Día de Negocios, onde os nenos interactuaron coa veciñanza para recoller ingredientes e ofrecer produtos elaborados por eles mesmos, fomentando a aprendizaxe sobre o valor da colaboración, a economía local e a vida comunitaria.

Esta escola de verán supuxo tamén o inicio das actividades de Agora Rural, unha nova entidade que se incorpora ao territorio cun enfoque de innovación social, e que achegou un taller sobre retos e oportunidades para o rural, impulsando o pensamento crítico e a creatividade entre os participantes máis maiores.

Actividades no medio natural na parroquia de Serantes

Actividades no medio natural na parroquia de Serantes / Cedida

Dende o colectivo veciñal aseguran que o éxito desta edición «non sería posible sen a implicación das familias, da comunidade iSlow e demais entidades colaboradoras: Aventura Lengua, Mar de Fábula, Edgar & Makestore, Casa das Areas, Rural o Urbano, Ubuntu Life, Galifornia Surf, Peg & Lucha, Agora Rural, e a veciñanza de Serantes, que colaborou interactuando cos nenos con moita ilusión». A experiencia, subliñan, «demostra que a vida no rural pode ofrecer propostas educativas modernas e conectadas co mundo, sen renunciar á identidade nin ao valor da comunidade».

Tracking Pixel Contents