FESTIVAL
Abride a Fiestra enche de cultura galega a Casa de Rosalía
Música, literatura, visitas guiadas e unha cata de viños, as protagonistas

Nenos e maiores desfrutaron de múltiples actividades na Casa de Rosalía / Cedida
A Casa de Rosalía, en Padrón, acolleu este domingo a sétima edición do festival Abride a Fiestra, dedicado este ano ás cantareiras e á cultura popular galega. Como é tradicional, xuntou diferentes manifestacións culturais tendo a Rosalía como figura central.

Un dos concertos dos festival na Casa de Rosalía / Cedida
Entre os protagonistas musicais destacaron De Ninghures, Gloria Pavía, os portugueses Canto d’Aqui e Paco Nogueiras; o cómico Carlos Blanco; e as escritoras Berta Dávila e Pilar G. Negro, entre outros. Foi unha xornada de portas abertas de 11 da mañá ata 12 da noite no Xardín, a Casa-Museo e o auditorio, que acolleron case vinte actividades.
Os máis pequenos, co patrocinio de Deleite, gozaron de xogos populares, un concerto de Paco Nogueiras, un obradoiro de creación libre de obxectos sonoros con materiais naturais,con Miudiño, e unha escape-room na Casa-Museo da man de Rita Bugallo.

A Casa de Rosalía acolleu preto de vinte actividades culturais / Cedida
Tamén houbo visitas guiadas polas profesoras Pilar G. Negro e Carme Pérez-Sanjulián, e o escritor Manuel Lorenzo Baleirón; ademais da académica María López Sández, que a realizou sobre o recén reformado Xardín de Rosalía.

Carlos Blanco foi un dos convidados ao festival / Cedida
No Auditorio sucedéronse as actividades literarias: Berta Dávila presentou coa xornalista Ana G. Liste a súa última novela, A ferida imaxinaria; e Pilar García Negro o seu Intenso e solidario feminismo. Estudos rosalianos canda a profesora Carme F. Pérez Sanjulián.
A xornada complementouse cunha cata de viños auspiciada pola adega Paco & Lola.
- La orquesta que quiere devolver a las verbenas las canciones que marcaron a toda una generación
- Suspendido el mayor festival de música urbana de Santiago
- Val do Dubra despide a la exconcejala Celsa Oreiro tras su fallecimiento y decreta dos días de luto
- Del sobrino de Pondal a una tía de Rajoy: el CSIC recupera la ciencia gallega depurada por el franquismo
- El primer parking subterráneo público de Ames, de pago, listo en O Milladoiro
- Netflix busca en Galicia figurantes para rodar el final de ‘Clanes’ cerca de Santiago: esta es la profesión muy arraigada que piden
- PP y Espazo Común critican la falta de transparencia en la apertura del aparcamiento municipal de pago en Milladoiro
- Cuando Galicia estuvo en el epicentro del debate nuclear: medio siglo de la autorización para una central en la costa de Lugo que nunca llegó a levantarse