Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

CONVENCIÓN

O Grupo Gerca de Vimianzo reforza a aposta polo cambio e o crecemento dende o rural

No último ano sumou dúas novas empresas vinculadas ao sector do metal

Directivos, traballadores, provedores e colaboradores na terceira convención de Gerca

Directivos, traballadores, provedores e colaboradores na terceira convención de Gerca / Cedida

Vimianzo

O grupo de empresas Gerca, con sede en Vimianzo, celebrou a súa terceira convención anual, na que reuniu a todo o equipo, así como colaboradores e provedores, nun ambiente de reflexión e celebración.

Baixo o lema Un equipo que se adapta, unha organización que avanza, a xornada serviu para "analizar os retos do último ano, presentar novos proxectos e poñer o foco na importancia de evolucionar nun mundo que avanza a gran velocidade, tamén desde o rural", subliñan dende a dirección da empresa.

Un dos momentos máis especiais foron as intervencións dalgúns membros do equipo, que compartiron a súa evolución persoal e profesional dentro da empresa. "As súas historias exemplifican como o crecemento individual e colectivo camiñan da man, e como, desde o rural é posible medrar e contribuír a innovación no sector do metal", subliñan.

A convención permitiu tamén facer balance dun ano marcado pola expansión de Gerca, que aumentou a súa estrutura con dúas novas empresas dentro do ámbito do metal e unha nova nave no parque empresarial de Vimianzo.

TEMAS

Tracking Pixel Contents