Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Carnota exalta os produtos da reserva mariña dos Miñarzos

Vendéronse 600 quilos de polbo, 300 de mexillón, 260 de navalla, 180 de nécora, 120 de percebe e 120 de berberecho

Ángeles Vázquez degustando navallas da reserva mariña dos Miñarzos, este sábado en Carnota.

Ángeles Vázquez degustando navallas da reserva mariña dos Miñarzos, este sábado en Carnota. / Cedida

Carnota

A directora de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles Vázquez Suárez, asisitiu este sábado á Festa de Degustación dos Produtos da Reserva Mariña Os Miñarzos, no porto de Lira, en Carnota. Acompañada do alcalde, Juan Manuel Saborido, e do patrón maior de Lira, José Mariano Lago, participou na degustación da gran variedade de pescados e mariscos da reserva.

Na cita vendéronse 600 quilos de polbo (a ración custaba 15 €), 300 de mexillón (6 €), 260 de navalla e longueirón (15 €), 180 de nécora (15 € tres unidades), 120 de percebe (15 €) e 120 de berberecho (6 €). Ademais, os asistentes puideron degustar gratis 66 quilos de congro por cortesía da confraría.

Á festa asistiron tamén, entre outras autoridades, o alcalde de Porto do Son, Luís Oujo, e os patróns maiores de Portosín, Isaac Gaciño, e Muros, Daniel Formoso.

Tracking Pixel Contents