MOBILIDADE
O BNG propón limitar o estacionamento para non residentes en dúas rúas de Vimianzo
Din que a falta de aparcamento repercute negativamente nos negocios

Os edís do BNG Benxamín Queiro e Lorena Suárez na rúa Antonio Vázquez Mouzo esquina rúa Castelao. / BNG
O BNG de Vimianzo vén de propoñer que se limite o tempo máximo de estacionamento de vehículos de persoas non residentes nas rúas Castelao e Antonio Vázquez Mouzo, recentemente peonalizadas. Así mesmo, tamén solicitou que se reserve unha praza de aparcamento para persoas con mobilidade reducida e outra para carga e descarga.
Os nacionalistas indicaron que “durante a noite e as xornadas festivas existen moitas prazas libres, mais nas xornadas laborais, e principalmente no horario de mañá, é moi difícil atopar lugares de aparcamento, ademais de observar moi pouca rotación de vehículos estacionados”.
“Unha situación que está a repercutir negativamente nos establecementos da zona, polo que propomos un tempo máximo de estacionamento dunha hora e media para os non residentes”, sinalaron desde o BNG vimiancés.
Por outra banda, a formación nacionalista tamén mostrou a súa preocupación pola inseguridade para os peóns en varios puntos do concello, concretamente no traxecto entre Torelo e Santa Irene ao longo da AC-552, e na saída de Baíñas dirección Olveira. Por iso, o grupo municipal do BNG presentará unha moción no vindeiro pleno a fin de conseguir o consenso da Corporación para instar ás administracións competentes a proceder á construción de beirarrúas.
- El juzgado autoriza a Pérez Rumbao a que adquiera los concesionarios del Grupo Yáñez
- Una compostelana hace historia al ganar un Latin Grammy: 'Quero adicarllo a miña cidade e a Galicia
- Los gallegos son fieles a la leña: 'Es lo más barato para calentar la casa
- Un cliente revienta de madrugada la nariz al dependiente de una tienda 24 horas del Ensanche de Santiago
- Rescate de película en Pontepedriña: los bomberos socorren a dos jóvenes atrapados en un edificio en llamas
- Mutualistas desesperados: más de 4.000 gallegos están desatendidos
- O ‘cohousing’, máis preto de despegar en Santiago con 30 vivendas: «Parecía un soño, pero é real»
- Crónica de una hora de rescate: así vivieron los inquilinos el incendio en el edificio de Pontepedriña


