A Xunta anuncia en Oroso axudas dun millón de euros para melloras nos polígonos empresariais
Belén do Campo visita o parque empresarial de Sigüeiro, en Oroso, que será beneficiario dunha axuda de 120.000 euros

De esquerda a dereita, Isidoro Martínez, Belén do Campo e Álex Doval. / CEDIDA
A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, reuniuse onte co alcalde de Oroso, Álex Doval, o director territorial da Consellería de Economía e Industria, Isidoro Martínez, e representantes da Asociación de Empresarios do Polígono de Sigüeiro para informar da nova orde de axudas, convocada polo citado departamento autonómico, que destinará máis dun millón de euros a impulsar a seguridade e a competitividade nos polígonos empresariais.
Este programa de achegas vai dirixido a agrupacións de empresarios, entidades de conservación e comunidades de propietarios destas áreas industriais e, segundo Belén do Campo, «busca mellorar a xestión, a funcionalidade e a imaxe dos parques empresariais».
A delegada da Xunta na Coruña lembrou que, no marco destas axudas, concedéronse 120.000 euros para actuacións no polígono empresarial de Sigüeiro.
As melloras de seguridade que se levarán a cabo no recinto industral orosán consistirán na implantación de novos sistemas contra incendios ou inundacións; dispositivos que permitan reducir os riscos de accidentes (excepto os relacionados directamente coa circulación viaria); e o desenvolvemento de actividades de formación e información de seguridade das áreas empresariais.
Por outra banda, para tratar de mellorar a competitividade dos negocios, implementaranse sistemas de uso común que potencien o desenvolvemento da actividade empresarial e, no referido ás certificacións de calidade, deberán ser recoñecidas a escala nacional e internacional.
- Tiendas y bares del aeropuerto de Santiago perderán más de 5 millones por el cierre por obras durante 35 días
- Londres dice que el dron que alcanzó la base británica en Chipre no fue lanzado desde Irán
- Cuando el periodista Fernando Ónega ganó dos premios Minerva en Santiago
- La Fiscalía pide cuatro años de prisión para un acusado de falsificar documentos para apropiarse de herencias de emigrantes gallegos en Santiago
- El alcalde de Valga celebra la victoria judicial contra Audasa que permitirá cobrar el IBI de la autopista a otros concellos afectados
- Irán anuncia un ataque con drones contra el portaaeronaves 'Abraham Lincoln'
- Nueva agresión en la plaza del Toural de Santiago: un hombre rompe una botella en la cabeza a otro varón
- Sellan un boleto de la Bonoloto galardonado con 193.000 euros en la papelería Boo de Milladoiro


