Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

As actividades do Arzúa Viva farán gozar o 27 de xullo á mocidade

Haberá inchables, obradoiros, xogos tradicionais, un espectáculo de humor e Festa da Espuma

Espectáculo del Arzúa Viva del año pasado.

Espectáculo del Arzúa Viva del año pasado. / Cedida

El Correo Gallego

Arzúa

Os máis pequenos poderán gozar dunha tarde de diversión o domingo 27 de xullo co programa Arzúa Viva, un evento de acceso libre e gratuíto que xuntará diferentes xogos, actividades de lecer e actuacións dirixidas ao público infantil e xuvenil na carballeira de Santa María.

Entre as 17.00 e as 20.00 horas, os mozos e mozas gozarán dun abano de alternativas para entreterse, xa que poderán saltar nos inchables, participar en diferentes obradoiros, pasar o tempo con xogos tradicionais e mesmo probar o twister xigante, o porco mecánico ou o guacamole interactivo.

A partir das seis poderán ver o espectáculo de humor Asacocirco Show e, ás sete da tarde, repartiranse xeados de balde a todos os asistentes. Para concluír, haberá unha Festa da Espuma en colaboración coa comisión de festas do Carme.

Tracking Pixel Contents