O Mercamelide ofrecerá grandes descontos en artigos variados do 8 ao 10 de agosto
Os establecementos que participen na iniciativa estarán marcados con carteis identificativos

A campaña de descontos de Mercamelide coincidirá coa Feira Medieval / ECG
El Correo Gallego
O Mercamelide na Rúa celebrarase do 8 ao 10 de agosto e ofrecerá a tódolos veciños melidaos e visitantes unha ampla variedade de produtos con grandes descontos en diversos comercios locais da vila. Esta é unha iniciativa impulsada pola Asociación de Empresarias e Empresarios da Terra de Melide (Asetem) e o Concello.
Nestos tres días que comprende a campaña de oportunidades, os negocios participantes porán a disposición dos compradores descontos e rebaixas especiais para animar aos que entren nos seus locais a que compren os artigos e produtos que teñan no seu inventario.
En canto ao horario dos comercios que participan no evento, este será o que xeralmente teña cada un deles, tanto de mañá como de tarde.
Por outra banda, os establecementos colocarán carteis identificativos co obxectivo de que os visitantes poidan recoñecer facilmente aos que participan no Mercamelide.
A edición deste ano coincidirá por segunda vez consecutiva coa esperada Feira Medieval da localidade. Polo que, como este acontecemento provoca unha grande expectación, se prevé que moitos turistas e visitantes achegaránse a Melide para gozar das suculentas ofertas que as tendas locais ofrecerán nesta nova edición.
- Financial Times' sitúa a una empresa con sede en Santiago como referente en Europa
- Raúl López: «Los presupuestos son más altos que en ACB»
- Los vecinos del Ensanche de Santiago señalan ante Raxoi y la Policía 15 locales de ocio nocturno conflictivos
- El mejor quinteto de la historia del Obradoiro vuelve a reunirse
- Una farmacia de Boiro entre las mejores de Galicia
- Ames y Teo se cuelan en el Top 10 de los concellos coruñeses de mayor renta
- Arde un coche por completo en plena autopista mientras circulaba por Santiago
- El influencer gastronómico Cenando con Pablo visita un asador en Teo y su reacción no deja indiferente a nadie: 'Atención a este crimen