Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

SERVIZOS

Impulsan un plan en Vimianzo para combater a soidade non desexada e o illamento social

Concello e Xeal asinan un convenio para desenvolver o proxecto

Mónica Rodríguez, esquerda, María Couto, centro, e María Xosé Pose, en Vimianzo

Mónica Rodríguez, esquerda, María Couto, centro, e María Xosé Pose, en Vimianzo / C. V.

Vimianzo

Xeal e o Concello de Vimianzo asinaron un convenio de colaboración para poñer en marcha o programa Conectando Corazóns, unha iniciativa social destinada a combater a soidade non desexada e o illamento social. O acordo foi rubricado pola alcaldesa, Mónica Rodríguez, e a CEO de Xeal, María Couto.

A iniciativa busca promover a atención inmediata, o acompañamento e o desenvolvemento de actividades comunitarias dirixidas a persoas que se atopen en situación de soidade.

Persoal de Servizos Sociais coa alcaldesa, e a concelleira de Benestar Social

Persoal de Servizos Sociais coa alcaldesa, e a concelleira de Benestar Social / C. Vimianzo

María Couto, destacou que «esta colaboración enmárcase na nosa política de responsabilidade social corporativa e criterios ambientais, sociais e de gobernanza, en liña co noso compromiso firme coa comarca e coas institucións que traballan por mellorar a calidade de vida dos seus habitantes».

Para a alcaldesa, Mónica Rodríguez, este convenio «é unha mostra de como a colaboración público-privada pode dar resposta a retos sociais reais. A loita contra a soidade é unha prioridade para este goberno local, e con esta iniciativa damos un paso adiante na construción dunha sociedade máis xusta, próxima e humana». A rexedora engadiu o agradecemento «a todo o departamento de Servizos Sociais municipais, polo seu gran traballo para acadar un convenio que é froito da vontade, vocación e corazón».

Tracking Pixel Contents