A Xunta dedicou 11 M€ a melloras enerxéticas en 150 firmas turísticas
Do Campo visitou a Pulpería Ezequiel, en Melide, que optimizou a súa climatización

Belén do Campo, no centro da imaxe, na súa visita á Pulpería Ezequiel. / Cedida
El Correo Gallego
A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, visitou, esta mañá, a Pulpería Ezequiel, en Melide, que contou cunha achega autonómica, en réxime de concorrencia non competitiva, dentro da liña de subvencións para a mellora da eficiencia enerxética en empresas turísticas de Turismo de Galicia do ano pasado, o que lle permitiu un importante aforro na súa factura eléctrica.
A representante do Goberno autonómico destacou que na provincia da Coruña recibiron estas axudas 45 establecementos por un importe de máis de 3,2 millóns de euros.
No caso desta pulpería a subvención concedida destinouse a unha nova instalación de climatización e produción formada por bombas de calor con recuperación para dar frío ou calor mediante varios cassettes. Con esta intervención lógrase arrefriar e quentar o aire do local durante todas as épocas do ano e impulsar e aspirar o aire para o seu tratamento térmico.
Con respecto ás solicitudes realizadas o ano pasado, Do Campo lembrou que a Xunta reservou 11 millóns de euros en total, para apoiar 150 empresas.
A convocatoria de 2024 introduciu a posibilidade de que as empresas de restauración (non só as de aloxamento) tamén puideran optar ás axudas. Sufrágase a rehabilitación enerxética de todo o edificio ou dunha parte, non se pide antigüidade mínima dos edificios e non hai unha esixencia mínima de aforro enerxético.
Un sector en auxe
Do Campo subraiou a importancia de apoiar a un sector en auxe “con axudas que non só lles van a permitir aforrar na súa factura da luz, senón tamén mellorar a imaxe e a calidade dos servizos turísticos que se prestan no noso territorio” e lembrou que se trata dunha medida incluída dentro das accións que leva a cabo a Xunta de Galicia para avanzar nun modelo turístico sostible.
- Llegan de Gran Canaria con sus dos hijos de 3 y 4 años para hacer el Camino tras una depresión y acaban siendo 'el aliento' de otros peregrinos
- Muere ahogado en una playa de O Grove Carlos Nieves, histórico concejal del PSOE de Santiago que estuvo 24 años en Raxoi
- Fallece el exalcalde de Negreira José Manuel López Tuñas
- Gonzalo Míguez, profesor de Física Atmosférica en la USC: 'Si cambia el clima, tendrá que cambiar nuestra forma de cultivar
- Reclaman ir más allá de la caza para frenar el jabalí en Galicia por los daños al campo y los casi 4.000 accidentes que provoca al año
- Tejas Verea abre las puertas de su fábrica de Mesía a las familias de los empleados en una gran fiesta de convivencia con 120 invitados
- Santiago se convierte en un cluedo en vivo: un asesino, nueve pruebas y una noche para sobrevivir
- Del mercado de ganado en la Alameda a un Toural lleno de carros: así era Santiago hace un siglo a través de la mirada de Ruth Matilda Anderson