Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O Pino premia aos seus mellores deportistas da tempada 2024-2025

Foron homenaxeados o atleta Alexandre García, o nadador Hugo Cacheda, os integrantes do municipio do equipo de fútbol gaélico Estrela Supernova e os xadrecistas Rubén Alonso, Martín González, Manuel Vidal e Noé Villar

O alcalde, Manuel Taboada, xunto aos mozos premiados.

O alcalde, Manuel Taboada, xunto aos mozos premiados. / Cedida

El Correo Gallego

O Pino

O alcalde do Pino, Manuel Taboada, felicitou esta mañá aos deportistas máis destacados do municipio durante a pasada tempada antes de entregarlles as placas conmemorativas. Os galardoados nesta edición foron o atleta Alexandre García Seijo, o nadador Hugo Cacheda Martínez, os integrantes do Pino do equipo de fútbol gaélico Estrela Supernova e os xadrecistas Rubén Alonso, Martín González, Manuel Vidal e Noé Villar.

O líder da Administración local mostrouse orgulloso de que estos deportistas leven o nome do Pino nas competicións nas que participan. "Os éxitos que conseguistes son froito do voso traballo e do voso esforzo, pero non esquezades que detrás hai tamén moito esforzo das vosas familias e monitores", sinaloulles.

O acto tivo lugar no salón de plenos do Concello, ao que asistiron os concelleiros Borja Castro e José Fuentes, o monitor deportivo municipal David Castiñeiras e familiares e amigos dos homenaxeados.

Tracking Pixel Contents