Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Manifestación de pais do Instituto de Santa Comba por deficiencias no servizo de transporte

A ANPA do IES Terra de Xallas concentrarase o luns nas inmediación do centro

Denuncian, co apoio do Concello, impuntualidades e insuficiencia de vehículos

O alcalde Alberto Romar, de frente, reunido con representantes educativos

O alcalde Alberto Romar, de frente, reunido con representantes educativos / Concello

Santa Comba

A ANPA do IES Terra de Xallas de Santa Comba convoca unha manifestación o vindeiro luns día 6 de outubro ás 16.15 horas nas inmediacións do centro educativo. Nas últimas xornadas, os pais, equipo directivo e Concello de Santa Comba, trasladaron á Consellería de Educación, Dirección Xeral de Mobilidade e empresa Monbus, diferentes problemáticas no servizo de transporte escolar.

En varias liñas, entre elas a de Portovilar e Parada, que afectan a parroquias como as de Bazar, Freixeiro, Ser, Vilamaior, Santa Comba, Alón, San Cristovo, Fontecada e A Pereira, estanse denunciando «incidencias graves no servizo», din.

Entre as principais demandas atópanse a impuntualidade da chegada ás aulas, regreso aos domicilios ou a insuficiencia de autobuses para prestar un servizo axeitado. Outra das denuncias é que se están dando casos nos cales o alumnado viaxa de pé, incumprindo normativas básicas de seguridade.

Tanto a ANPA como o Concello continuarán denunciando estes casos co fin de mellorar o servicio de transporte escolar.

Tracking Pixel Contents