PATRIMONIO
Camariñas converte a antiga lonxa en Museo dos Naufraxios
O investimento será de 430.000 € e a Deputación aportará do 76%

Recreación virtual do futuro Museo dos Naufraxios de Camariñas. / Cedida
O Concello de Camariñas aprobará en pleno o novo proxecto e a solicitude da subvención á Deputación da Coruña para a primeira fase do Museo dos Naufraxios, que contempla a apertura ao público da Sala de Exposicións Beti Donosti.
O orzamento total desta primeira fase ascende a 430.000 euros, dos que a Deputación aportaría, a través da citada subvención nominativa, o 76,7% (330.000 euros) e o Concello asumiría a parte restante. Esta axuda ten que solicitarse de novo, tras ser aprobada no ano 2022, ao sufrir modificacións o proxecto inicial. Un proceso que se iniciou ao recibir un informe onde se recomendaba o derrubamento do edificio pero, «debido ao seu alto valor sentimental, o Goberno local loitou para sacar adiante esta proposta e demostrar que estruturalmente está en condicións de renovarse», subliñan.
Reparación da estrutura
O proxecto consiste na reparación e consolidación dos elementos estruturais do edificio da lonxa vella, así como das obras de reforma da envolvente exterior do mesmo, co fin de recuperalo.
Nesta primeira fase non se acondicionarán as estancias da planta alta, só se demolerán as escaleiras, os tabiques e os acabados existentes. «Será na seguinte fase, que se ocupará do acondicionamento interior do Museo dos Naufraxios, na que se deseñará e se compartimentará a planta alta en conxunto coas dúas ás da lonxa na planta baixa», indican dende o Concello camariñán.
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- Crónica social compostelana | El Secreto de San Lázaro: desayunos, vinos y cócteles con alma compostelana
- Premios Gallegos del Año 2025
- Narcopiso de Fontiñas: cómo el trapicheo esquiva la seguridad privada de los vecinos
- El Obradoiro arrasa con una victoria de equipo grande
- Llega a Santiago el equipo multidisciplinar que instalará el ciclotrón en el Centro de Protonterapia de Galicia
- Un fin de semana cargado de eventos dispara la ocupación hotelera en Santiago