Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

MAR DE FÁBULA

Catorce voluntarios retiran 39 quilos de lixo na praia do Lago de Camariñas

A xornada de limpeza foi unha homenaxe a Jane Goodall

Voluntariado de Mar de Fábula co lixo recollido na praia do Lago de Camariñas.

Voluntariado de Mar de Fábula co lixo recollido na praia do Lago de Camariñas. / Cedida

Camariñas

En pouco máis dunha hora de traballo, 14 voluntarios e voluntarias mobilizados pola Asociación Mar de Fábula recollero 39 quilos de lixo mariño na praia do Lago, en Camariñas.

Parte do lixo recollido polos voluntarios no areal camariñán.

Parte do lixo recollido polos voluntarios no areal camariñán. / Cedida

Entre os refugallos recollidos destacan os produtos hixiénico-sanitarios "procedentes do primeiro mal uso do retrete como cubo do lixo e das posteriores descargas das depuradoras que precisan dunha urxente revisión e modernización na súa función", afirma a presidenta de Mar de Fábula, Virginia Barros. Os voluntarios tamén retiraron multitude de anacos de cordas e cabos, tapóns de botellas, bidóns e outros envases.

Boneco de plástico retirado do mar polo voluntariado de Mar de Fábula.

Boneco de plástico retirado do mar polo voluntariado de Mar de Fábula. / Cedida

Debido a súa localización e ao comportamento de correntes e mareas, "este fermoso areal actúa como recolledor dunha pequena parte do lixo que chega ao mar", subliña Barros.

A xornada de limpeza estivo adicada a Jane Goodall.

A xornada de limpeza estivo adicada a Jane Goodall. / Cedida

Mar de Fábula quixo adicar esta xornada de limpeza á Doutora Jane Goodall, falecida o pasado 1 de outubro. "Foi unha persoa referente no coidado da natureza até o final da súa vida e déixanos un legado no que apoiarnos para continuar na loita por un mundo mellor", conclúe Virgina Barros.

Tracking Pixel Contents