A Estrada inviste case 160.000 euros en mellorar as vías rurais de Codeseda e Ribela
O Plan Camiña Rural 2025 contempla a pavimentación de tres camiños municipais e cortes puntuais de tráfico durante a obra

Camiño que conecta o Ribela con Codeseda, a carón do río Umia / Cedida
El Correo Gallego
A Xunta de Goberno Local da Estrada aprobou hoxe o inicio do expediente de contratación das obras do Plan Camiña Rural 2025, financiado pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader). Esta edición do programa centrará a súa actuación na pavimentación de tres vías municipais que conectan as parroquias de Ribela e Codeseda, cun orzamento próximo a 160.000 euros.
As vías seleccionadas presentan un deterioro importante: «O pavimento actual ten fochas e unha alta fisuración, o que permite a entrada de auga e provoca un colapso estrutural», explicou o alcalde, Gonzalo Louzao. «A capa de rodadura non cumpre coas esixencias de regularidade, macrotextura e rozamento, xerando problemas de seguridade, incomodidade na condución e ruídos polo tránsito».
Segundo o rexedor, unha das infraestruturas máis afectadas é o camiño que conecta o lugar da Igrexa (Ribela) co do Arnado (Codeseda), que transcorre a carón do río Umia. «Nesta zona, sombría e propensa ao deterioro, realizáronse sucesivos bacheos, pero agora é necesaria unha actuación máis profunda. Practicarase un aglomerado en quente tras a limpeza de foxos e o varrido da superficie», detallou Louzao.
Outra das vías que será pavimentada está nun ramal que atraviesa Trabadela, tamén na parroquia de Ribela, aplicándose a mesma metodoloxía: limpeza de foxos, varrido superficial, aglomerado en quente e rega de adherencia. A terceira actuación centrarase en A Portela, na parroquia de Codeseda.
Para a realización dos traballos será necesario un corte de tráfico durante unha xornada, e o Concello indicará itinerarios alternativos para minimizar os prexuízos aos veciños e usuarios destas vías.
Tras a aprobación do importe, as actuacións entran agora na fase de contratación das obras, co obxectivo de mellorar a seguridade e a calidade da mobilidade nas parroquias rurais da Estrada
- Una bodega gallega se cuela entre las 100 mejores del mundo para visitar
- El peaje Santiago-Vigo pasará de 12,5 euros desde enero y hasta a A Coruña costará 8,8
- Una bañense con cáncer a los 43 años logra más de 42.000 firmas para que adelanten el cribado
- Crónica social compostelana | El Secreto de San Lázaro: desayunos, vinos y cócteles con alma compostelana
- La Guardia Civil incauta más de 1.500 plantas de marihuana en dos naves de Oroso y O Pino: seis detenidos
- Urovesa entregará en 2026 los primeros prototipos del blindado VERT destinados al Ejército
- Entra en vigor el encierro de aves de corral en 40 concellos por la gripe aviar
- Santiago calienta motores para el 'As Cancelas Music Fest' con Nena Daconte, Cepeda, Ortiga y Menta Poleo