Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O Parque Periurbano de San Roque, en Ribeira, terá un bosque comestible

O proxecto está impulsado pola asociación agro-ecolóxica Sachos na Rúa

Farán plantacións de especies de todo tipo, combinando arbustos, árbores, plantas comúns para a alimentación, castaños, nogais, maceiras, etc.

Antía Alberte, no centro, cos membros de Sachos na Rúa.

Antía Alberte, no centro, cos membros de Sachos na Rúa. / Cedida

Ribeira

A consellería de Medio Ambiente capitaneada por Antía Alberte xunto cos membros da asociación agro-ecolóxica Sachos na Rúa presentaron un proxecto que trata de ocupar unha parcela do Parque Periurbano de San Roque, situado en Ribeira, para facer nela o que se chama un bosque comestible.

A proposta consiste nun espazo no que se farán unhas plantacións de diferentes especies, combinando arbustos, árbores, plantas comúns para a alimentación, castaños, nogais, maceiras

Un bosque comestible consiste en coller terreos case estériles ou degradados que non se traballan e que se poden aproveitar para recuperalos e utilizalos de maneira pedagóxica para as persoas que estean interesadas nestas cuestións poidan intervir para iniciarse no mundo forestal e dos cultivos.

A edil aseverou que dende o Concello "collemos con gañas esta iniciativa de ocupar esta área para a súa rexeneración ambiental acompañada con obradoiros de temáticas variadas".

Manuel González, tesoureiro da asociación Sachos na Rúa detallou que a transformación "á vez forma parte dun proxecto maior que se chama Reverdecer Ribeira que consta de tres partes; a primeira a pedagóxica que estamos levando a cabo con cinco colexios públicos fai xa cinco ou seis anos, a segunda parte sería a formación na zona urbana dos hortos urbanos que ademais foi unha moción aprobada polo anterior Goberno, que até o día de hoxe non se levou a cabo; e no terceiro punto, que é o que presentamos hoxe e que consiste en crear un bosque comestible".

Unha iniciativa experimental

Pola súa parte, Alejandro Muñiz, deseñador do proxecto e técnico forestal manifestou que ven sendo un proxecto experimental «para que a xente poida ver a evolución dun sistema agro-forestal onde se combinan diferentes especies».

Tracking Pixel Contents