O PSdeG levará ao Parlamento a situación do transporte escolar no IES Terra de Xallas
Aitor Bouza reclama á Xunta medidas urxentes ante os continuos atrasos e falta de prazas no servizo

Protestas do PSOE Santa Comba / Cedida
El Correo Gallego
O PSdeG-PSOE levará ao Parlamento de Galicia a situaciónque califican como «absolutamente insostible» do transporte escolar en Santa Comba, especialmente no caso do alumnado do IES Terra de Xallas.
O alcalde socialista, Alberto Romar, e a agrupación local participaron hoxe nunha concentración para reclamarlle á Xunta de Galicia unha solución inmediata. O deputado socialista Aitor Bouza explicou que «o inicio do curso escolar en Galicia vén marcado, un ano máis, por numerosas incidencias en materia de transporte escolar, carencia de profesorado, problemas de infraestruturas e unha planificación insuficiente por parte da Xunta de Galicia».
Bouza destacou que «a educación pública debe ser unha prioridade para calquera goberno, pois é a garantía de igualdade de oportunidades para todos os nenos e nenas do noso país». Engadiu que «sen un ensino público forte e de calidade, non é posible asegurar a cohesión social nin o progreso colectivo».
No caso do IES Terra de Xallas, o socialista argumenta que «dende o principio de curso a comunidade educativa vén denunciando retrasos continuos nos horarios, falta de prazas suficientes e incluso casos nos que alumnado tivo que quedar en terra ou viaxar de pé, algo que resulta totalmente inaceptable nun servizo público esencial como este».
Segundo explica o deputado, as liñas máis afectadas son as de Parada e Portovilar, que presentan incidencias case diarias e afectan a mozos e mozas de diferentes parroquias, como Vilamaior, Freixeiro, Fontecada, A Pereira, Alón, Ser, Santa Comba e Bazar, entre outras.
Bouza tamén sinala que «a falla de previsión e coordinación da Xunta de Galicia está a xerar un grave prexuízo ao alumnado e ás súas familias, que non poden ter garantido un transporte seguro e puntual». Lembrou tamén que «o servizo de transporte escolar é unha competencia exclusiva da Xunta, polo que resulta urxente adoptar medidas que aseguren un funcionamento axeitado e digno, especialmente nas zonas rurais».
O Grupo Parlamentario Socialista presentará unha batería de iniciativas co obxectivo de «garantir o correcto funcionamento do transporte escolar no IES Terra de Xallas de Santa Comba, asegurando que ningún alumno ou alumna quede sen praza nin teña que viaxar de pé». Ademais, reclamará «revisar e reforzar as liñas máis problemáticas», «mellorar a planificación e coordinación do servizo» e «abrir un proceso de diálogo coa ANPA e a comunidade educativa do centro para ofrecer unha solución estable e participada».
- Financial Times' sitúa a una empresa con sede en Santiago como referente en Europa
- Raúl López: «Los presupuestos son más altos que en ACB»
- Los vecinos del Ensanche de Santiago señalan ante Raxoi y la Policía 15 locales de ocio nocturno conflictivos
- El mejor quinteto de la historia del Obradoiro vuelve a reunirse
- Una farmacia de Boiro entre las mejores de Galicia
- Ames y Teo se cuelan en el Top 10 de los concellos coruñeses de mayor renta
- Arde un coche por completo en plena autopista mientras circulaba por Santiago
- El influencer gastronómico Cenando con Pablo visita un asador en Teo y su reacción no deja indiferente a nadie: 'Atención a este crimen