Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A Pobra implicará á veciñanza no futuro sistema de recollida de lixo

O Concello celebra este mércores unha asemblea veciñal para presentar alternativas e recoller suxestións cidadás

O concelleiro de Medio Ambiente, Xosé Lois Piñeiro, anunciando a asamblea

O concelleiro de Medio Ambiente, Xosé Lois Piñeiro, anunciando a asamblea / Cedida

El Correo Gallego

A Pobra

O Concello da Pobra quere involucrar á veciñanza no deseño do seu novo modelo de xestión de residuos. Para iso, celebrará unha asamblea veciñal este mércores, 8 de outubro, ás 20.00 horas no auditorio da Biblioteca da Pobra.

Segundo explicou o concelleiro de Medio Ambiente, Xosé Lois Piñeiro, o encontro ten un doble obxectivo: «Dunha banda, expor á cidadanía as distintas alternativas para modernizar o sistema de xestión de residuos e, doutra, recoller as súas inquedanzas e peticións de cara a elixir a mellor opción posible».

O edil detallou que o Concello continúa traballando na próxima licitación do novo servizo e que, para escoller o sistema máis adecuado, encargouse un informe especializado que analiza a situación actual e propón diversas alternativas de mellora.

Entre os resultados do estudo, Piñeiro destacou que menos do 20% dos residuos se reciclan de forma adecuada e que o 50% do vidro se separa incorrectamente. Ante estes datos, incidiu en que «é necesario mellorar as cifras en todas as fraccións e modernizar o sistema actual». Ademais, sinalou que as novas normativas europeas e estatais «fixan un maior desembolso naqueles concellos que non separan o lixo de xeito axeitado, e isto terá un impacto directo entre a veciñanza».

A nova licitación incluirá non só un novo sistema de recollida, senón tamén a renovación dos contedores e a posta en marcha de campañas de concienciación para promover un uso axeitado entre a cidadanía.

Tracking Pixel Contents