Porto do Son completa a terceira fase do proxecto de mellora da iluminación pública
O Concello acada máis dun 80 % de luminarias LED e estima un aforro enerxético do 70 % mensual

Nova iluminaria en Porto do Son / Cedida
El Correo Gallego
O Concello de Porto do Son vén de rematar a terceira fase do proxecto de mellora eficiente da iluminación pública, que abrangue as parroquias de Baroña, Caamaño, Xuño, Noal, Nebra, Goiáns e Miñortos.
Esta actuación supón un investimento total de 505.143 euros, dos cales 429.371 foron achegados polo Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) a través do programa DUS 5000, mentres que o Concello asumiu 75.771 euros.
Os traballos incluíron a substitución de 1.050 puntos de luz por luminarias de tecnoloxía LED, a instalación de 16 novos centros de mando, a renovación doutros 25, a mellora das conexións a terra e a actualización do cableado. Ademais, implantouse un sistema de xestión remota en todos os centros de mando, que permitirá un control máis eficiente do consumo.
Coa finalización desta fase, Porto do Son acada máis dun 80 % de luminarias LED en todo o municipio, o que se traduce nun aforro enerxético estimado do 70 % ao mes, avanzando cara a un modelo de iluminación pública máis sostible, moderno e eficiente.
- Una cooperativa de viviendas en Santiago, preseleccionada al Premio Mies van der Rohe entre obras de toda Europa
- Muere una persona en Porto do Son después de chocar con un caballo
- Agotado el Bono Activa Comercio tras solo dos días en funcionamiento
- Galicia veda la pesca del salmón para la próxima temporada en todos sus ríos
- Talan sin previo aviso un histórico abeto del campo de fútbol de Conxo: 'Me han enterrado a un amigo dos veces
- As Cancelas revela al primer artista confirmado para su festival de música gratuito
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- El héroe del último ascenso de la SD Compostela 'ficha' por el Deportivo