Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

A última escavación na Corte do Santo apunta que no pasado foi un pequeno oratorio do convento da Misarela

O arqueólogo, Mario Ramos, está realizando a prospección no lugar como continuidade aos traballos executados no 2024

O Concello organiza unha visita guiada gratuíta para mostrar os resultados á veciñanza este xoves, 9 de outubro, ás 18.30 horas

A escavación anterior tivo lugar o ano pasado.

A escavación anterior tivo lugar o ano pasado. / Cedida

A Pobra

O Concello de A Pobra dará a coñecer á cidadanía os resultados dos últimos labores de escavación no xacemento da Corte do Santo, que tiveron lugar esta semana, o próximo xoves, ás 18.30 horas, nunha visita guiada dirixida polo arqueólogo da prospección, Mario Ramos. Os traballos contan cun orzamento de máis de 2.000 euros de fondos municipais e darán continuidade aos realizados no 2024 neste mesmo punto.

A actividade é gratuíta e de asistencia libre. A saída está prevista desde A Portela. Ao longo do encontro, o responsable da sondaxe revelará ao público asistente os achados obtidos ata o momento, tanto os correspondentes coa sondaxe actual como os da última campaña. 

Un descubrimento sorprendente

As tarefas que están en marcha na Corte do Santo serán a continuación das do ano pasado, cando se confirmou a hipótese que vencella este xacemento ao momento final da plena Idade Media e ao inicio da baixa Idade Media. En concreto, unha das teorías con máis forza apuntan a que A Corte do Santo fose un lugar de culto, un pequeno oratorio do convento da Misarela.

Imaxe satelital da Corte do Santo durante a pasada campaña arqueolóxica.

Imaxe satelital da Corte do Santo durante a pasada campaña arqueolóxica. / Cedida

A principal liña de traballo da prospección actual basearase en tratar de rematar a escavación das estruturas que foran localizadas na pasada intervención para afondar no seu coñecemento. 

O alcalde, José Carlos Vidal, incide en que a recuperación e posta en valor do patrimonio inmaterial da Pobra do Caramiñal "é unha das nosas prioridades". Un obxectivo que se continúa referendando, non só con estas escavacións, senón tamén "con actividades como as xornadas de historia e patrimonio A Pobra do Caramiñal no tempo celebradas hai só unhas semanas", lembra.

O rexedor anima á cidadanía a participar na visita deste xoves, que cualifica como unha "oportunidade única para saber máis da historia do noso municipio".

Tracking Pixel Contents