AUDIOVISUAL
A actriz e directora Carmen Méndez amadriña os Premios Fouciño de Baio
O festival comezará o día 23 coa proxección da curtametraxe 'Pura'

Carmen Méndez será a madriña da quinta edición dos Premios Fouciño. / Sabela Eiriz
Os V Premios Fouciño, que se celebran entre o 23 e o 25 de outubro en Baio (Zas), terán como madriña á actriz e directora Carmen Méndez. O festival botará a andar coa proxección de Pura, curtametraxe da propia Méndez, gañadora na súa categoría dos Mestre Mateo neste 2025.
O pase estará acompañado pola súa creadora e terá ao remate un encontro co público. Cabe destacar que Pura é unha peza que xa foi premiada en festivais como Curtocircuíto. Festival Internacional de Cinema (Premio Supernova e Premio Cátedra Cruz Roja -USC); o Aguilar Film Festival (Mellor curta dirixida por unha muller, Mellor Montaxe e Premio do Público); ou o Festival de Cine de Roca (Premio do Público e Mellor curtametraxe galega).
A organización dos Fouciño aposta este ano por un cinema comprometido no social e innovador no formal, sempre desde o carácter local e íntimo das historias, ese “cinema de proximidade” que caracteriza a selección dos Premios Fouciño.
Obxectivos e organización
Os Premios Fouciño de cinema nacen coa intención de dinamizar a Costa da Morte e loitar contra o seu illamento cultural, achegando unha programación innovadora e vangardista a un concello rural como é Zas.
Desde a primeira edición, os Fouciño convertéronse nun importante punto de encontro do sector e fixéronse un oco dentro do panorama audiovisual Galego. Logo do éxito da derradeira edición, os Premios Fouciño, primeiro certame de curtametraxes da Costa da Morte, afrontan a súa quinta Edición, co obxetivo de volver a traer o mellor do cine galego de cada ano a Baio.
Da organización encárgase, un ano máis, a A.C. Premios Fouciño, co apoio como coorganizador do Concello de Zas e a colaboración da Deputación da Coruña.
- La futura apertura de un Starbucks en el local del emblemático Alameda enciende las redes
- Muere el empresario Emilio Bouzas Cajuso, muy conocido en el Ensanche de Santiago
- Crónica social compostelana | El Secreto de San Lázaro: desayunos, vinos y cócteles con alma compostelana
- Premios Gallegos del Año 2025
- Narcopiso de Fontiñas: cómo el trapicheo esquiva la seguridad privada de los vecinos
- El Obradoiro arrasa con una victoria de equipo grande
- Llega a Santiago el equipo multidisciplinar que instalará el ciclotrón en el Centro de Protonterapia de Galicia
- Un fin de semana cargado de eventos dispara la ocupación hotelera en Santiago